A plataforma cidadá Transfuguismo Non, Democracia Si rexeita a moción de censura que se perpetrará no concello de Lugo

Na xornada do xoves 7 de maio ás 12:00 pode ter lugar no Concello de Lugo un atentado contra a democracia. Elena Candia, a portavoz do PP, chegará a ser alcaldesa de Lugo se o voto da transfuga María Reigosa, procedente das filas do PSOE, apoía co seu voto a moción de censura prevista. Dende a plataforma cidadá Transfuguismo Non, Democracia Si rexeitamos este xeito antidemocrático de chegar ao goberno. A moción de censura, e neste caso máis, é un ferramente legal pero indecente que vai xenerar inestabilidade en todas as persoas independentemete do seu pensamento político.

O contexto que rodea esta moción de censura e escuro e falto de ética. Tiveron que morrer 3 persoas para que Reigosa poida escalar e apoiar a moción do PP. Faise previo pago dos favores coa creación de prazas de emprego da Xunta de dubidosa transparencia e ignorando o sentir de unha cidade. Faise saltando os principios e estatutos do PP que se manifestan claramente contra o transfuguismo. Faise coa complicidade silenciosa do xefe de filas de Elena Candia que mira cara outro lado con tal de ter a alcaldía dunha cidade.

A plataforma cidadá Transfuguismo Non, Democracia Si, quere deixar claro o seu rexeitamento a esta moción de censura que permitirá a chegada á alcaldía do concello de Lugo da  portavoz do PP,  Elena Candia, co voto a favor da concelleira transfuga, procedente do PSOE, Maria Reigosa.

Comparte éste artículo
No hay comentarios