Celebrarase unha homenaxe ao acordeonista Pazos de Merexo e ao poeta muxián Gonzalo López AbenteHaberá concerto de Abril, da Coral Virxe da Barca e Acordeireta, así como actividades infantís.
Muxía celebrará o Día das Letras Galegas cunha semana enteira de actividades culturais. A programación estenderase dende o sábado 9 de maio ao domingo 17 de maio e incluirá dúas homenaxes, a Pazos de Merexo e Gonzalo López Abente; amais de música en vivo e actividades infantís. O evento está organizado por Muxía Cultural, un proxecto do Concello de Muxía e a cooperativa Horta Creativa.
O Día das Letras é unha das datas máis sinaladas no calendario e este ano recoñecerá o labor da xornalista e escritora Begoña Caamaño, quen deixou unha forte pegada na literatura galega. Ademais foi unha figura fortemente comprometida en causas sociais, en especial na loita dos dereitos das mulleres, un tema que adquire un grande protagonismo na súa obra.
En Muxía a programación dará o comezo o 9 de maio cunha homenaxe ao acordeonista Pazos de Merexo no centenario do seu nacemento, e o concerto de Acordeireta. Será a partir das 19:00 horas na praza Cabo da Vila.
O 15 de maio disfrutaremos doutra cita musical moi especial: o concerto da Coral Virxe da Barca. Ás 20:00 horas no Salón do Voluntariado.
O 16 de maio chega o Gran Xogo das Letras Galegas. Un divertido xogo por equipos para nenos e nenas maiores de 6 anos no que coñecerán algo máis sobre orixe e o significado do Día das Letras Galegas, así como interesantes datos e curiosidades sobre os autores e autoras homenaxeados. Será ás 12:00 horas na praza Cabo da Vila as inscricións poden facerse na Biblioteca.
Esa noite disfrutaremos do concerto do dúo »Abril’ Ás 20:00 horas na praza Cabo da Vila presentarán o seu álbum ‘Medrar’, que acaba de ver a luz esta primavera.
O 17 de maio faremos unha homenaxe e ofrenda ao poeta muxián Gonzalo López Abente, a quen lle foi adicado o Día das Letras Galegas no ano 1971. Será ás 12:00 horas no monumento que lle recorda.
Esperamos que o tempo aconpañe pero en caso de choiva as actividades do Cabo da Vila faranse no Salón do Voluntariado, e o Gran Xogo das Letras Galegas na Sala Gervasio Sar.
Sobre Muxía Cultural:
Muxía Cultural é un proxecto do Concello de Muxía e a cooperativa cultural Horta Creativa que naceu no 2025 coobxectivo de crear unha escena cultural forte en Muxía, poñendo en valor todo o que a vila e a comarca teñen que ofrecer, e organizando eventos que combinen a tradición, a gastronomía, a contorna e o patrimonio da zona.
Durante o 2025 organizouse na vila e na comarca unha ampla programación de eventos e actos culturais de grande diversidade, como concertos, obradoiros, roteiros na natureza, actividades deportivas, feiras de artesanía ou encontros gastronómicos; coa participación de persoas vencelladas a cada unha destas áreas.
Muxía Cultural continúa este 2026 coa ilusión de converter Muxía nun referente cultural, ofrecendo unha rica programación para a xente que vive na comarca, e tamén para todas as persoas que a visitan cada ano. A Festa do Congro foi primeiro evento da programación deste ano, ao que lle sigue a programación polo Día das Letras. Nas vindeiras semanas iranse dando a coñecer novas datas.