Xinzo fía a súa cultura no Bar Ítaca: bordado literario e maridaxes para celebrar as Letras

As asociacións Tecido Limiao e XPazo organizan en Xinzo de Limia unha serie de propostas innovadoras para difundir a cultura. Estas iniciativas arrancaron co gallo do Día do Libro e estenderanse ata o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Unha das actividades máis novidosas terá lugar este sábado, día 9, co obradoiro de bordado literario a cargo da coruñesa Soly Ortiz. Esta proposta explora o fío como forma de expresión e comunicación, e desenvolverase a partir das 11:00 h no Bar Ítaca. O acto completarase coa presentación do poemario Noiticido.

O ciclo continuará o día 15 ás 20:00 h, tamén no Ítaca, cunha cata de lectura: unha sesión onde os versos se maridarán con viño e queixo para ofrecer unha experiencia sensorial completa.

Comparte éste artículo
No hay comentarios