Tras a vaga de lumes do pasado verán, a xestión de Castela e León e da Xunta de Galicia supón un novo golpe para a nosa biodiversidade.



Á denuncia dos estragos en zonas de pita do monte na comunidade veciña, súmanse os esnaquizamentos documentados no monte Río Farelos e na Serra de San Mamede. No canto de cumprir coa súa obriga de restauración, estas administracións actúan con total desleixo, hipotecando o futuro medioambiental e económico das zonas afectadas.