Ao final, nin Somozas, nin Boiro, estarán na fase de ascenso. O empate fechou a temporada de ambos porque o Racing Villalbés derrotou ao Lugo B a última hora na Madalena. Iñaki Leonardo foi o heroe local e Diego e Juanma o visitante. O naronés asinaron un dobrete que puido ser o máis triste das súa carreira. No lado contrario, os porteiros. Nin Iago Domínguez, nin Borja, estiveron a altura dun partido de máxima intensidade.
Iñaki Leonardo quebra o conservadurismo
O partido comezou con contención. Os dous equipos, sobre todo o Boiro, iniciaban en curto para saltar a continuación a liña de centrocampistas con balón longos. No caso, eran as defensas quen sacaban máis vantaxes nas segundas xogadas.
Non houbo ocasións até que o partido superou o primeiro cuarto. Cambón ollou o espazo polo carreiro do 8, ninguén o presionou até a frontal da área e desde alí colocou un xute raso. Borja estirouse para rexeitar perto da base do pau, pero sen controlar a dirección. Iñaki Leonardo, oportunísimo, colleu a pelota e completou o ataque cun disparo fácil ao fondo da portería.
O partido non mudou. A seca de ocasións mantívose e só un erro de Iago Domínguez nunha saída a un balón aéreo provocou a xogada rocambolesca do partido. Iago cabeceou a gol pola inercia do seu salto inicial, Cabarcos evitou o gol pisando a liña de gol, sacou a pelota como puido e a fortuna engadiuse para completar o despexe. A pelota foi ao pau acabou despedida lonxe do perigo.
O primeiro tempo rematou con ese fútbol conservador que beneficiou aos locais.
O Boiro iguala dúas veces e ambos equipos perden
O Boiro puido empatar ao comezo do segundo tempo noutro erro de Iago Domínguez. Presionado por Landeira, o meta non chapou ben un centro desde a súa dereita, Moreyra foi quen aproveitou o balón solto, pero mandouno fóra cando estaba na perpendicular dun dos postes.
O gol seguiu abeirando o marco local no minuto 52. Prol apurou até a liña de fondo, evitou que Cabarcos interceptara o centro, que pasou fronte a liña de gol e Samu, por centímetros, non chegou a culminar logo de esvarar voluntariamente polo chan mollado para alcanzar o coiro.
O dominio do Boiro foi acentuándose, contrastando con algunha contra de Cambón ou de Iñaki Leonardo, na que faltaban compañeiros e sobraba percorrido. José Tizón refrescou o ataque á hora de xogo coa entrada de Yago e Insua.
Pouco despois, coas liñas moi adiantadas, Iago probou desde lonxe cun xute que lambeu o traveseiro logo que a pelota fixera un estraño na última parte do seu vo.
A presión deu resultado no minuto 71. A defensa local sacou un córner con dificultade, o balón colleuno Diego na media lúa e cun xute bombeado superou a estirada de Iago Domínguez.
José Tizón acababa de darlle un perfil totalmente ofensivo ao seu equipo gastando a segunda xanela de substitucións. Saíulle ben sen ter que agardar.
O Boiro case virou o resultado nunha frivolidade de Manu. O central recreouse nun dobre drible, Insua quitoulle a pelota, cedeu a Víctor Casais e o ex canteirán do Pontevedra xutou alto cando estaba só para escoller calquera opción.
A resposta inmediata dos locais deuna outra vez Iñaki Leonardo. O narónés encamiñou a contra desde pouco antes da divisoria e, chegando á media lúa, axustou un punteirolo ao que non chegou Borja. Era o minuto 80.
Catro despois, Iago Domínguez non estivo acertado nun despexe de puños. Deixou a pelota aos pés dun rival cuxo disparo foi desviado pola zaga. Juanma, na frontal da área pequena fíxose coa pelota e marcou o 2-2.
Ao borde do prolongamento, Pablo Ramos puxo a perna para desviar perto da escuadra un disparo de Yago desde o bico da área.
Os dous equipos romperon liñas. O Racing Villalbés acababa de marcar o 2-1, o que eliminaba da fase de ascenso aos contendentes no Candocia.
A segundos do remate, o partido pasou polos pés de Yago, pero abriu lixeiramente o ángulo de tiro no centro de Iago e o balón perdeuse a escasos centímetros do poste.
Ficha
DOMINGO 10/05/2026 (18,00) Campo: ALCALDE MANUEL CANDOCIA (700)
U.D. SOMOZAS : 2 – C.D. BOIRO : 2 (1‑0)
SOM : Iago Domínguez; Asier (Jose 77’), Dopico. Manu, Cabarcos; Lucas Fanego (Pablo Ramos 73’), Sanmartín, Bruno, Óscar Varela, Iñaki Leonardo; Cambón. Tre. Stili. (Banco: Adri (g)).
BOI : Borja; Yosi (Zambrana 83’), Aran, Iago, Samu (Víctor Casais 68’); Prol, Mario Romero, Landeira (Insua 58’), Diego, Moreyra (Yago 58’); Adrián Castro (Juanma 68’). Tre. José Tizón. (Banco: Lois (g); Iván Alonso; Ozores; Bruno).
Goles: 1-0 Iñaki Leonardo 24’; 1-1 Diego 71’; 2-1 Iñaki Leonardo 80’; 2-2 Juanma 84.
Árbitro: Abel Bruzos (Galiza-Lugo). Auxiliares: Pin Calvín e López Bermúdez. 4º árb.: Castro Gómez.
Disciplina: CA: Dopico 31’; José Tizón (tre. BOI) 53’; Adrián Castro (sus. BOI) 71’.
Fotos: O Boiro Levou a iniciativa no xogo e o Somozas no marcador. © 21noticias.com
Fotos: O empate final deixou abatidos aos xogadores dos dous equipos. © 21noticias.com