Difícil saída de La Goleta a Vilalba na fase de ascenso

O Terra Cha Cidade de Lugo intentará frear os betanceiros.

Xa se viron as caras esta temporada (concretamente na final da fase regular Coruña- Lugo-Ferrol) pero a vitoria de La Goleta Santo Domingo Betanzos naquela ocasión por 68-60 non é garantía de ter unha saída doada este domingo, nunha fase de Ascenso en que a igualdade é a tónica predominante (fronte ás 2 vitorias dos betanceiros, os outros tres rivais suman unha cada un). O partido terá lugar ás 19h do serán e pode supor un paso de xigante de La Goleta, coa oportunidade de deixar a 2 partidos aos lucenses a falta de 3 xornadas.

Partido de volta do Grelo e do Neón Tasca feminino e importante cita das infas de Warnier

No resto da xornada destaca o partido de volta das semifinais da Coruña do Grelo cadete, que arrinca cunha renda de +51 puntos contra Montrove, a nova cita do Neón Tasca feminino contra O Grove, na volta dunha eliminatoria literalmente igualada (61- 61) e o partido en que as infantís de Warnier xogan polo segundo posto do seu grupo contra Calasanz. Os infantís de Cyrdega viaxan o sábado a Laracha, as cadetes de Decornaveira reciben a Esclavas o sábado ás 20h e o sénior de Terceira Autonómica xoga a volta dos oitavos de final da Copa Primavera no intento de reverter o -17 da ida contra Costa da Morte.

Polo que respecta á canastra pequena, as premini de 91o abren a xornada da fin de semana medíndose a Santa María do Mar (Vales Villamarín, 18h), os premini masculino xogan no Agra contra Xesuitinas e o mini 2015 contra Calasanz .

Finalmente, no que toca aos júnior de Texas-Controls, os de Antonio “Doc” visitan o sábado á maña a pista de Maristas, nun derradeiro partido de liga que pode dar o noveno posto da Liga Coruña-Ferrol, posición máis que meritoria tendo en conta o gran número de equipos participantes (26).

Comparte éste artículo
No hay comentarios