A alcaldesa Elena Candia, xunto coa concelleira de Industria e Mercados, Silvia Colmenero, e a edil non adscrita María Reigosa mantiveron un encontro cos praceiros en resposta a unha petición trasladada polo propio colectivo para informarlle das súas necesidades.
Durante esta xuntanza se abordaron distintas cuestións relacionadas co funcionamento diario da Praza e co obxecto de profundizar nas diferentes peticións presentadas acordouse convocar a Comisión de Prazas e Mercados.
Entre os asuntos tratados destaca a necesidade de actualizar determinados aspectos da ordenanza municipal destas instalacións, abordando cuestións como a eliminación da obrigatoriedade de apertura en horario de tarde, a creación dun sistema de queixas e suxestións ou a incorporación de procedementos e accesos mediante sistemas dixitais.
Asemesmo, durante a reunión púxose sobre a mesa a importancia de mellorar a comunicación entre o Concello e os praceiros, asumindo a alcaldesa e o seu equipo o compromiso de restablecer canles de diálogo fluídas, actuar con transparencia e favorecer unha relación baseada na colaboración e no entendemento.