A túa, a miña e a de todos os galegos e galegas que a falan. A língua que nos sae de dentro, a do berce desde que nacemos aínda que sexa o 17 de maio cando se conmemora e celebra. Cando nos lembran que é nosa, patrimonio que depende de nós non deixar esmorecer.
En tempos de desleixo, de tantos inimigos lingüicidas querendo derrubar aquelo que nos dá identidade e orgullo, o Día das Letras Galegas segue a ser parte da resistencia á extinción. Unha data para a memoria dos ancestros que a inmortalizaron nas súas obras, que abriron camiño máis alá da «fala de aldea» á que demasiadas veces queren reducila os escuros e iñorantes. Loitamos contra xigantes, espoliadores dunha cultura que queren arrebatarnos porque non nos entenden, non. Língua azul perenne, para sempre e todos os días do ano, viva e xove, pendurada nos beizos que a espallan no falar e no cantar. Música para os ouvidos de quen a amamos e pregoamos o seu ronco son. Bos e xenerosos que a fan existir e perdurar….Que fan acolledor fogar na grande nazón de Breogán.