As betanceiras acadan así a 19a posición da Segunda División.
O partido de ida prevíase igualado con ese 61-61 que trouxeron as betanceiras do partido de ida no Grove, mais o certo é que as visitantes só aguantaron ata o terceiro cuarto, onde as rapazas de Lalo Golpe fiaron varias contras para situarse 10 puntos arriba que souberon aproveitar perfectamente para un final de partido sen sobresaltos. Finaliza así unha temporada máis para o conxunto sénior feminino do club Santo Domingo Betanzos, cunha 19a posición ben meritoria para os atrancos cos que contou unha rotación que se viu obrigada a aliñar varias xogadoras júnior e ata varias cadetes. Foron 24 partidos os que se disputaron esta campaña 25-26 e o resultado final de 17 partidos perdidos e 7 gañados só fala das ganas de seguir mellorando pese a todas as dificultades coas que conta a plantilla.
Paso de xigante de La Goleta na Fase en Ascenso en Vilalba
Polo demais, outra das boas noticias da xornada foi a vitoria de La Goleta en Vilalba por 61-74, un resultado extraordinario para unha expedición betanceira marcada polas baixas e que supón que, á falta de tres partidos, os máis veteranos do Santo poidan celebrar estar 2 vitorias por riba do resto de conxuntos do seu grupo e en inmellorables condicións de acadar o ascenso a Segunda Autonómica. No resto da xornada destaca tamén a vitoria das infantís de Warnier, que acadaron o segundo posto do seu grupo grazas á vitoria contra Calasanz e a remontada do equipo de Terceira Autonómica perante Costa da Morte (os betanceiros traían un -17 de Cee) que lles permite pasar a cuartos de final da Copa Premium Coruña-Ferrol: 80-60.