UCIN Galicia: «Rueda vive alleo á realidade das emerxencias» tras 18 días sen o helicóptero de Santiago

José Luis Calo, coordinador UCIN Galicia endureceu este luns as súas críticas contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras coñecerse que o helicóptero de emerxencias con base en Santiago leva 18 días fóra de servizo sen substitución. Segundo denuncia a formación, a empresa concesionaria está a incumprir as obrigas do contrato ante a pasividade do Executivo autonómico.

José Luis Calo, denunciou que a situación «non é un feito puntual nin unha sorpresa», senón «a consecuencia directa de meses de advertencias ignoradas pola Xunta».«Levamos meses denunciando publicamente a irresponsabilidade coa que se está xestionando o servizo de helicópteros medicalizados en Galicia. Avisamos unha e outra vez da falta de garantías, dos incumprimentos da concesionaria e do risco real que isto supón para a cidadanía. A resposta da Xunta foi o silencio absoluto», afirmou Calo.

Calo considera «gravísimo» que o presidente da Xunta asegurase descoñecer que o helicóptero compostelán leva desaparecido desde o pasado 30 de abril. «Ou ben o presidente vive completamente desconectado da realidade sanitaria de Galicia ou ben intenta minimizar un escándalo que xa é insostible. En ambos casos, a situación é inaceptable», asegurou o coordinador, quen lembrou que a empresa tiña a obriga contractual de habilitar un aparello de substitución, algo que non aconteceu. «Estamos falando dun sistema que leva demasiado tempo funcionando con precariedade, improvisación e falta de control político».

Para ilustrar a gravidade da situación, a formación puxo como exemplo o recente operativo polo accidente mortal dun menor nun centro de Fisterra. Nese sinistro, tivo que actuar o helicóptero con base en Ourense debido á ausencia do aparello de Santiago, co consecuente aumento nos tempos de resposta.

«Cada vez que un helicóptero no está operativo, Galicia perde capacidade de resposta ante accidentes graves, infartos, ictus ou rescates. Isto tradúcese en máis tempo de espera e máis risco para os pacientes», advertiu Calo, quen criticou a «pasividade intolerable» de San Caetano: «Mentres UCIN leva meses alertando, a Xunta preferiu agochar o problema baixo a alfombra. É o síntoma evidente dun Goberno superado»

Ante esta situación, UCIN Galicia reclamou de maneira inmediata:

  • Responsabilidades políticas ao máis alto nivel.
  • A apertura de vellas vías sancionadoras e un expediente inmediato á concesionaria.
  • Unha auditoría urxente sobre o funcionamento de todo o servizo aéreo sanitario galego.
  • A implantación de heliporcos hospitalarios H24 (24 horas) seguros e plenamente operativos en toda Galicia para garantir unha atención continua e eficaz.

«Non se pode gobernar Galicia desde a propaganda mentres fallan servizos dos que depende a vida das persoas. O ocorrido co helicóptero de Santiago é unha auténtica vergoña institucional», concluíu José Luis Calo.

Comparte éste artículo
No hay comentarios