Xornadas da Memoria Histórica de Valga 2026

O vindeiro sábado 23 de maio, o colectivo pola Memoria Histórica de Valga celebrará os seus encontros arredor da memo-ria democrática. O acto terá lugar ás 19:00 horas na Casa da Cultura de Ponte Valga. A historiadora valguesa Lucía Santiago Sanmiguel (HIS-TAGRA-USC) falará das exhumacións da fosa da resistencia antifran-quista en Luou (Teo), nas que coordinou as pescudas documentais e de memoria oral que permitiron situar e contextualizar o enfrontamento de 1948 no que faleceron os catro guerrilleiros da agrupación do “Foucellas”; actuou como peza clave sobre o terreo no cemiterio de Luou, enlazando o traballo do equipo de arqueólogos, forenses e xenetistas; e encargouse de comuni-car publicamente os achados arqueolóxicos e de guiar e atender no propio lugar ás autoridades e, sobre todo, ás familias das vítimas.

Xa o domingo 24, ás 13 horas, no Cemiterio de Cordeiro realizarase un acto de lembranza e homenaxe a Celestino Carbia Campaña, alcalde re-publicano de Valga, detido tras a sublevación militar franquista de 1936, e despois de pasar varios meses preso na Illa de San Simón, o 11 de maio de 1937 foi fusilado en Monteporreiro (Pontevedra). Trátase dun recoñece-mento necesario á súa figura e aos valores que representa: a defensa da le-galidade democrática, a dignidade e a xustiza, nun dos momentos máis es-curos da historia recente de Valga. Foi precisamente este ano cando o Go-berno outorgou o “Recoñecemento e Reparación Persoal” a Celestino Car-bia Campaña, declarando “ilegal e ilexítimo” o tribunal que o xulgou e “igual-mente ilexítima e nula a condena” ditada contra el.

Comparte éste artículo
No hay comentarios