O PP de Foz acusa ao goberno local de “enganar ás autoescolas” e ocultar o informe desfavorable de Tráfico sobre a pista de exames

O portavoz popular que “as probas prácticas en pista que se fan en Foz para os carnés de camión ou motocicleta está suspendidas pola falta de xestión deste equipo de goberno e polos seus múltiples erros”, subliñando que “non é por ningunha outra circunstancia nin por culpa do Partido Popular”.

O Partido Popular de Foz acusa ao goberno municipal de volver “mentir” sobre a situación das probas prácticas de tráfico no municipio e asegura que a suspensión dos exames para carnés de camión e motocicleta débese “á falta de xestión e aos múltiples erros do executivo local”.

O portavoz popular, Javier Castiñeira, lamenta que “a señora Couto volve mentir unha vez máis na súa liña destes últimos anos” e critica que tente “acusar ao Partido Popular por facer o seu labor de fiscalización do equipo de goberno”.

Castiñeira asegura que “as probas prácticas en pista que se fan en Foz para os carnés de camión ou motocicleta están suspendidas pola falta de xestión deste equipo de goberno e polos seus múltiples erros”, subliñando que “non é por ningunha outra circunstancia nin por culpa do Partido Popular”.

O portavoz popular afirma que a tenente de alcalde “engana ás autoescolas” ao omitir que existe un informe negativo da Dirección Xeral de Tráfico sobre as novas instalación no polígono industrial de Fazouro. “É o propio Tráfico quen lle suspende ao señor Cajoto o permiso solicitado para esa nova pista”, indica..

Segundo explica Castiñeira, “hai informes desfavorables da Dirección Xeral de Tráfico e ese é o verdadeiro motivo”. Ademais, engade que o organismo estatal advertiu de que “ou cambian as instalacións ou así non valen”.

O PP considera que os principais prexudicados son “os alumnos e tamén ás autoescolas”, que “xa teñen problemas pola falta de implicación de Tráfico nos exames e agora atopan outro problema máis”.

Castiñeira insta ao señor alcalde a “deixar de facer o ridículo defendendo o indefendible” e a explicar “por que están realmente suspendidas as probas en Foz”. Neste sentido, asegura que a infraestrutura realizada polo goberno local foi deseñada “sen deixarse asesora por ningún técnico nin polas propias autoescolas de Foz”.

Finalmente, o portavoz popular sostén que esta situación “é unha mostra máis da incompetencia e da falta de comunicación do señor Cajoto”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios