Xosé Miranda pecha a segunda tempada do ciclo Media Hora de Poesía na Despensa do Saa

Baixo o título  «Torres abolidas, Cidades mergulladas«, o recoñecido poeta Xosé Miranda pechará a segunda tempada do ciclo Media Hora de Poesía na Despensa do Saa, o sábado 6 de xuño ás 20:00 horas

Presentado por Marica Campo, recitará e comentará algún dos seus poemas escritos desde 1973 (do seu primeiro libro de poesía, «Lenta luz nos lousados»), ata agora, último libro publicado, «As torres abolidas», 2025, incluíndo algún inédito posterior.

Xosé Miranda Ruiz, nado en Lugo o 18 de decembro de 1955, licenciado en Bioloxía pola Universidade de Compostela en 1978, traballou como profesor de Bioloxía e Xeoloxía en Chantada e despois no Instituto Xoán Montes de Lugo ata o ano 2020. Produciu unha extensa obra que recibiu importantes premios e recoñecementos

(2002)  Premio Merlín, premiado polo traballo Pel de lobo

(1998)  Premio Xerais, premiado polo traballo Morning Star

(1996)  Premio Esquío de poesía

(1995)  Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

(1990)  Premio García Barros

(1988)  Premio Modesto R. Figueiredo

No ano 2025, co poemario As torres abolidas e baixo o lema Príncipe inconsolable, recibiu o Premio de Poesía Afundación, que a entidade convoca xunto ao Centro PEN de Galicia co patrocinio da Xunta de Galicia.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios