Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) este fin de semana no 27 Congreso Federal das Juventudes Socialistas de España (JSE). Un evento celebrado no marco do 120 aniversario desta organización e que rematou coa presenza do presidente do Goberno, Pedro Sánchez.
Dende a organización tildan como “éxito” o Congreso, dada a relevancia que tivo a federación galega durante o desenvolvemento do mesmo. Maiores dereitos sociais e laborais, unha aposta clara pola diversidade, regulación do mercado inmobiliario ou unha progresividade fiscal máis valente, foron algunhas das emendas galegas aprobadas.
Non así, as socialistas poñen o foco no aumento da súa representación nos órganos federais. “Non só triplicamos a nosa presenza, senón que estamos na cúspide. Nunca antes nos viramos noutra e é froito do traballo que levamos impulsando nos últimos 4 anos”, sinalan dende a organización.
O nomeamento máis impactante foi o de Xurxo Doval como novo vicesecretario de organización de JSE. O ourensán, que ata agora lideraba as XSG e exerce como investigador predoutoral na USC, súmase á equipa de Aránzazu Figueroa
como unha forte aposta persoal e recoñecemento a unha traxectoria política de “alguén que quere, coñece e sabe o que significa militar na mellor organización política de España”. “Son moitos os retos que temos por diante, e el sabe como axudarnos para que saian adiante dende a equipa de Organización” sinalan.
Xunto o mozo socialista, súmanse a coruñesa Paula García Lozano como responsable de Deporte e ocio alternativo, e o vigués Enrique García García, quen entra no Consello Político Federal.
Agora, esta fin de semana xuntarase a mocidade socialista galega para celebrar o seu 17 Congreso na cidade Ourense, onde Ana Alvite asumirá o cargo de secretaria xeral acompañada de José Ramón Gómez Besteiro e Aránzazu Figueroa.