CIG-Saúde da Mariña urxe melloras inmediatas: «A nosa saúde non pode agardar»

CIG-Saúde da Mariña fai un chamamento ás traballadoras/es e á veciñanza da comarca para que participe na concentración convocada por Plataforma na Defensa da Sanidade Pública na entrada do Hospital este xoves, 4 xuño, baixo o lema “Listas de agarda, solucións xa!”.

“A xente alegre e combativa da Mariña temos que saír novamente á rúa para lembrarlle a quen xestiona a nosa sanidade que estaremos agora, aquí e sempre, na defensa da sanidade pública.”, aseveran.

Denuncian que “o que ten que facer o presidente da Xunta é deixar de facer cambios de nomes e apelidos nunha operación estética na Consellería, de mentir e manipular, de recortar e de privatizar a sanidade pública da Mariña e escoitar as demandas dos mariñaos e das mariñás”.

Por iso, instan a participar na concentración deste xoves ás 12 da mañá na entrada do Hospital Público da Mariña.

Comparte éste artículo
No hay comentarios