Con motivo do 30 aniversario da emisora os Premios convírtense nunha Gala aberta con alfombra amarela.
CUAC FM, a radio comuniaria da Coruña. continúa co intenso programa de actos de celebración do seu 30 aniversario. O vindeiro sábado 13 de xuño celebrará unha gala aberta a toda a cidadanía no auditorio da sede de Afundación no Cantón Grande ás 20 horas.
Ese día celébrase a entrega de Premios OsCuacs, unha tradición na emisora que consiste en dar premios aos mellores programas por temáticas, equipo de producción, técnico, de locución… O punto diferenciados no caso destes premios é que todo o mundo sabe que hai tongo. Está todo amañado porque o importante non é ser mellor que ninguén, se non compartir unha tarde de risas.
Este ano as votacións están abertas a audiencia de CUAC FM. Tanto na web como nas redes sociais da emisora pódese acceder ao formulario para elixir ás diversas categorías. A gla incluirá alfombra amarela, photocall, actuacións en directo… e tamén algunhas sorpresas.
O evento é posible grazas á colaboración do Concello da Coruña a través dun convenio coa Concellaría de Cultura e Turismo.