Unha sentenza confirma que o anterior goberno puxo en perigo aos traballadores, segundo Elena Candia

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, deu conta hoxe no Comité de Seguridade e Saúde da sentenza xudicial da sección do social do Tribunal de instancia que declara a vulneración do dereito fundamental á integridade física e á saúde dun traballador do Parque de Bombeiros e que condena ao Concello a adoptar medidas correctoras en materia de prevención de riscos laborais e a pagar 7.500 € en concepto de indemnización de danos morais ao afectado.

A alcaldesa Elena Candia calificou a resolución de “especialmente grave” ao constatar que os incumprimentos advertidos pola Inspección de Traballo non foron corrixidos polo anterior goberno municipal pese aos requirimentos realizados.

“Cando asumimos a responsabilidade de gobernar Lugo dixemos que non viñamos a perder tempo mirando cara atrás, senón que víñamos a traballar para resolver os problemas dos lucenses, pero o que estamos a descubrir é moito máis grave do que pensabamos atopámonos con situacións que afectan directamente á seguridade dos traballadores municipais que nin se atenderon, nin se corixiron”, sinalou.

Non estamos a falar dunha discrepancia política nin dunha valoración do actual goberno senon dunha sentenza que indica que existían deficiencias en cuestións tan relevantes como a integración da prevención de riscos laborais, a planificación da actividade preventiva, a designación de recursos preventivos ou a elaboración de procedementos de traballo esixidos pola Inspección de Traballo. Ademais, condena ao Concello a adoptar medidas correctoras nun prazo máximo de 30 días.

O que nos preocupa non é só o que di a sentenza, o que nos preocupa é comprobar que detrás desta resolución hai problemas que levaban demasiado tempo sen afrontarse.

Durante a xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde tamén se abordaron outras cuestións pendentes relacionadas coa seguridade e saúde laboral dos empregados municipais. Hai que lembrar que este órgano non se convocaba desde outubro de 2025, o que contribuíu a acumular asuntos de relevancia que requiren unha atención inmediata.

68.000 € por unha caída no casco histórico

A alcaldesa enmarcou esta resolución nun contexto máis amplo de problemas herdados que están a aflorar nas últimas semanas e lembrou que o Concello tamén recibiu outra  sentenza que obriga ao pagamento dunha indemnización de máis de 68.000 euros derivada dunha caída na vía pública. “Intentaron minimizar este tipo de sucesos de forma reiterada, en alusión ás respostas dadas polo anterior goberno en pleno nas que concluían que só houbera 40 caídas nas zonas onde se fixeron as obras de peonalizacións e que as denuncias dos cidadáns eran poucas”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios