As infantís de Warnier Informática comezan a Fase de Ascenso a 1a

Tras o meritorio terceiro posto na Liga da Coruña, vencendo con contundencia ao CB Montrove por 80-58, o Warnier Informática, o equipo infantil feminino do Club Santo Domingo Betanzos, comeza este sábado 6 de xuño a Fase de Ascenso a Primeira División (Liga Galega). O conxunto, dirixido por Javier Codesido e Alía Ortega, recibe o equipo ourensán de Depordima (12h, pavillón José María Valeiro Iglesias “Tocayo”) coa vista posta no que suceda no partido entre Compañía de María de Santiago e Pontumio, os outros rivais do grupo.

O equipo premini masculino na final da Copa Primavera

Outra das citas imperdibles da semana é o partido que medirá ao equipo benxamín masculino do Santo contra Compañía de María, na final da Copa Premium da Coruña que se ha disputar ese mesmo sábado, ás 12h, nas instalacións do Vales Villamarín. Culmina así para os rapaces de Javier Blanco Rivera e Inés Varela unha temporada de grandes números (19 partidos gañados de 27 disputados), pero sobre todo de aprendizaxe e mellora continua para os máis pequenos do club fóra do formato Baby.

Continúa a xornada (18h, pavillón José María Valeiro Iglesias “Tocayo”) co partido de La Goleta, xa ascendida, que se medirá aos lucenses do Terra Cha e as Cadetes de Decornaveira, pola súa parte, estréanse en Copa fronte ao Basquet Coruña U15-16, no mesmo escenario, o domingo ás 16h.

Comparte éste artículo
No hay comentarios