“Un novo exemplo de que dende o rural de Lugo se poden facer produtos interesantes e capaces de competir en todos os mercados, sendo un motor de dinamización para o rural, demostrando que a calidade, o respecto pola saúde do consumidor e os valores éticos son a mellor estratexia de éxito”.
Os deputados do Grupo Provincial Popular coñeceron de primeira man o funcionamento da empresa Daveiga – Mariñeiras, radicada en Chantada, que se converteu nun auténtico referente do sector alimentario galego grazas á produción das súas galletas Mariñeiras.
Os deputados populares coñeceron todo o proceso produtivo destas galletas, ademais de interesarse polo funcionamento interno da empresa e a súa estrutura e organización, xa que a maior porcentaxe de títulos da empresa pertence aos propios traballadores, ao nacer baixo a fórmula de sociedade laboral.
Os deputados populares destacan que este modelo empresarial “demostra que é posible desenvolver unha actividade industrial eficiente e competitiva no corazón de Galicia, mantendo un compromiso inquebrantable co emprego de calidade, o desenvolvemento local e a sustentabilidade”.
Ademais, foron testemuñas de todo o proceso produtivo, que le deu unha nova vida a un produto tradicional, o pan de mariñeiro, pero realizando un produto moderno e saudable, que deu como resultado un pan crocante de longa duración, libre de aditivos artificiais e azucres engadidos, que se adaptou á perfección ás demandas do consumidor actual.
As Mariñeiras de Daveiga romperon fronteiras e conquistaron os lineais de toda a Península e de diversos mercados internacionais. “Un novo exemplo de que dende o rural de Lugo se poden facer produtos interesantes e capaces de competir en todos os mercados, sendo un motor de dinamización para o rural, demostrando que a calidade, o respecto pola saúde do consumidor e os valores éticos son a mellor estratexia de éxito”, destacaron.Os deputados do Grupo Provincial Popular coñeceron de primeira man o funcionamento da empresa Daveiga – Mariñeiras, radicada en Chantada, que se converteu nun auténtico referente do sector alimentario galego grazas á produción das súas galletas Mariñeiras.
Os deputados populares coñeceron todo o proceso produtivo destas galletas, ademais de interesarse polo funcionamento interno da empresa e a súa estrutura e organización, xa que a maior porcentaxe de títulos da empresa pertence aos propios traballadores, ao nacer baixo a fórmula de sociedade laboral.
Os deputados populares destacan que este modelo empresarial “demostra que é posible desenvolver unha actividade industrial eficiente e competitiva no corazón de Galicia, mantendo un compromiso inquebrantable co emprego de calidade, o desenvolvemento local e a sustentabilidade”.
Ademais, foron testemuñas de todo o proceso produtivo, que le deu unha nova vida a un produto tradicional, o pan de mariñeiro, pero realizando un produto moderno e saudable, que deu como resultado un pan crocante de longa duración, libre de aditivos artificiais e azucres engadidos, que se adaptou á perfección ás demandas do consumidor actual.
As Mariñeiras de Daveiga romperon fronteiras e conquistaron os lineais de toda a Península e de diversos mercados internacionais. “Un novo exemplo de que dende o rural de Lugo se poden facer produtos interesantes e capaces de competir en todos os mercados, sendo un motor de dinamización para o rural, demostrando que a calidade, o respecto pola saúde do consumidor e os valores éticos son a mellor estratexia de éxito”, destacaron.