A Deputación da Coruña reforza os servizos municipais de verán con 1,2 millóns para limpeza de praias e socorrismo en piscinas e praias fluviais

A institución provincial financia este verán con 900.000 euros a limpeza dos areais dos 41 concellos costeiros da provincia e con preto de 300.000 euros o servizo de socorrismo en piscinas municipais e espazos de baño de concellos do interior.

A Deputación da Coruña destina este verán 1,2 millóns de euros a financiar os programas de limpeza de praias e socorrismo en piscinas municipais, praias fluviais, lagos e outras zonas de baño dos concellos do interior.

A institución provincial inviste 900.000 euros no programa de limpeza de praias, que beneficia aos 41 concellos costeiros da provincia, e outros 299.024,95 euros no programa de socorrismo, que permitirá atender 45 solicitudes de concellos para a prestación deste servizo durante a tempada estival.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que ambas liñas “teñen un impacto directo na calidade dos servizos que os concellos ofrecen durante os meses de verán”, xa que permiten contar con praias máis limpas episcinas e zonas de baño máis seguras. Ademáis ambos programas inciden nacreación de emprego local durante a época estival. 

O programa de limpeza de praias financia os gastos derivados da contratación de brigadas municipais encargadas da limpeza dos areais durante os meses de maior afluencia, así como a adquisición do material necesario para o desenvolvemento dos traballos, como vestiario, maquinaria lixeira ou combustible.

As axudas deste programa chegan á totalidade dos concellos costeiros da provincia e permiten financiar brigadas cunha duración máxima de ata tres meses. As contías concedidas oscilan entre algo máis de 6.700 euros e preto de 31.000 euros, en función de criterios obxectivos como a superficie de praias existente en cada termo municipal.

Por outras banda, o programa de socorrismo permite apoiar aos concellos na contratación do persoal necesario para garantir a seguridade nas piscinas municipais, praias fluviais, lagos e outros espazos de baño durante a tempada de verán. A concesión definitiva inclúe 45 solicitudes por un importe total de 299.024,95 euros.

A Deputación subliña que estes programas permiten prestar servizos esenciais para a cidadanía e para as persoas visitantes, especialmente durante os meses nos que praias, piscinas municipais e zonas de baño rexistran unha maior utilización

Concellos beneficiarios

No programa de limpeza de praias 2026, dotado con 900.000 euros, os 41 concellos beneficiarios son: A Coruña, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Ares, Arteixo, Bergondo, Boiro, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Camariñas, Carballo, Cariño, Carnota, Cedeira, Cee, Corcubión, Dumbría, Fene, Ferrol, Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mañón, Miño, Mugardos, Muros, Muxía, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ortigueira, Outes, Paderne, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Sada e Valdoviño.

No programa de socorrismo 2026, dotado con 299.024,95 euros, as 45 solicitudes concedidas corresponden aos concellos da Baña, A Capela, As Pontes de García Rodríguez, As Somozas, Abegondo, Ames, Betanzos, Boimorto, Boqueixón, Brión, Carral, Cerceda, Cerdido, Coirós, Coristanco, Curtis, Frades, Lousame, Mazaricos, Melide, Mesía, Moeche, Monfero, Negreira, Ordes, Oroso, Oza-Cesuras, Padrón, Rois, San Sadurniño, Santa Comba, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo, Zas e O Pino.

Comparte éste artículo
No hay comentarios