Elena Candia avanza no compromiso adquirido co persoal municipal con novos acordos para reforzar os servizos públicos

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, continúa dando pasos para avanzar nun dos compromisos que situou entre as prioridades do seu mandato: a mellora da organización municipal e a atención ás necesidades do persoal do Concello.

A Mesa Xeral de Negociación celebrada esta mañá permitiu sacar adiante importantes acordos destinados a reforzar diferentes servizos municipais e adaptar a estrutura de persoal ás necesidades actuais da administración local.

Entre as medidas aprobadas figuran a creación de:

– 4 prazas para o servizo de información cidadá 010 (unanimidade);

– 19 postos da Banda Municipal de Música (votan a favo CIG, CC.OO e CSIF e se absteñen UGT e USO)

– novos postos na brigada de augas (unanimidade)

– novos postos de persoal de oficios, tanto laboral como funcionario.

– Ampliación da xornada da educadora social do Sagrado corazón e do centro social María Balteira (unanimidade),

– A reclasificación de dous postos de habilitados nacionais (unanimidade)

– Modificación do posto de traballo do coordinador de deportes e doutro do servizo de informática (unanimidade)

Estes acordos saíron adiante co respaldo maioritario da representación sindical, nunha mostra da vontade de diálogo e entendemento que o Goberno local vén impulsando para avanzar na resolución de cuestións pendentes e na mellora dos servizos públicos.

Elena Candia destacou que a situación do persoal municipal foi unha das cuestións que situou no centro da súa acción de goberno desde o primeiro momento, apostando pola negociación e a busca de acordos para reforzar a capacidade de resposta do Concello e mellorar a atención á cidadanía.

Persoal limpeza edificios públicos

A xornada completouse cunha reunión mantida coas traballadoras do servizo de limpeza dos edificios municipais e coa empresa concesionaria. Neste encontro avanzouse nun acordo que permitirá mellorar as condicións laborais das empregadas para favorecer unha mellor conciliación da vida persoal e profesional ao deixar de prestar servizo os sábados.

A alcaldesa reafirmou o seu compromiso de continuar traballando da man dos empregados municipais e dos seus representantes para seguir mellorando as condicións laborais do persoal, reforzar os recursos humanos do Concello e ofrecer uns servizos públicos cada vez máis eficaces e próximos aos lucenses

Comparte éste artículo
No hay comentarios