Lugo ruxe coa saída da VI Ruta Castrexa de Mototurismo desde a praza da Mosqueira

Segundo manifestou o Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, o ente autonómico apoia este evento, organizado pola Asociación Motorista Lucense, que fará un percorrido por 12 concellos da provincia. Na antesala do Xacobeo 2027, a ruta concede este ano especial protagonismo aos municipios dos Camiños Francés, Norte e Primitivo.

Os participantes percorrerán arredor de 450 quilómetros e a chega está prevista arredor  das 20,00 horas ao Pazo de Feiras e Congresos.

Comparte éste artículo
No hay comentarios