Presentación resultados dos Traballos de exhumacións fosa do Val (Narón)

martes día 16 de xuño ás 4 da tarde o equipo do Plan de Memoria Democrática de Galicia estará no local da Asociación de Veciños Os Irmandiños do Val -á que agradecemos enormemente a súa colaboración- presentando os informes e atendendo ás cuestión que presenten os e as interesados e interesadas. 

Nos anos 2023 e 2024 realizáronse intervencións no cemiterio parroquial de Santa María do Val de Narón para localizar e avaliar o estado de conservación dunha das fosas máis grandes de Galicia con preto de 51 asasinatos realizados tralo golpe de Estado de 1936. Os traballos foron levados a cabo grazas á implementación do Plan de Memoria Democrática, patrocinado pola Secretaria de Estado de Memoria Democrática e a Xunta de Galicia a través dun convenio de investigación coa USC. Os traballos de exhumación, coordinados polo grupo HISTAGRA da USC, confirmaron a existencia da fosa onde repousan membros da armada: mariñeiros, oficiais e suboficiais da Mariña executados tras consellos de guerra. 

Agora, toca amosar aos familiares e á cidadanía os resultados dos traballos. Por este motivo, o martes día 16 de xuño ás 4 da tarde o equipo do Plan de Memoria Democrática de Galicia estará no local da Asociación de Veciños Os Irmandiños do Val -á que agradecemos enormemente a súa colaboración- presentando os informes e atendendo ás cuestión que presenten os e as interesados e interesadas. 

Día: 16 de xuño de 2026

Hora: 16 h.

Lugar: Local da Asociación de Veciños Irmandiños do Val (Narón)

Organiza: Plan de Memoria Democrática de Galicia.

Coordina: Grupo HISTAGRA

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios