Balseiro incidiu en que “o Goberno de Sánchez estea condenando ao rural a quedarse atrás” porque “sen conectividade non hai igualdade de oportunidades” e “ten consecuencias económicas, sociais e demográficas”.
O Grupo Popular saca adiante (cos votos a favor do PP e do BNG e a abstención do PSOE) unha iniciativa para instar ao Goberno de Sánchez dende o Senado a avaliar con rigor e transparencia o programa Único para saber o impacto real das políticas de conectividade no rural, redeseñalas, mellorar a coordinar entre as administracións, impulsar un plan específico para os núcleos máis illados, recoñecer como servizo universal a telefonía móbil e de datos e, sobre todo, garantir o acceso á telefonía móbil e a fibra óptica na totalidade da provincia “para que ningún veciño desconectado simplemente por vivir onde vive”.
O senador lucense reivindicou durante a súa intervención na Comisión de Transformación Dixital que “Lugo quere e necesita fibra, cobertura e futuro”. E incidiu en que “o Goberno de Sánchez estea condenando ao rural a quedarse atrás” porque “sen conectividade non hai igualdade de oportunidades” e “isto ten consecuencias económicas, sociais e demográficas”.
Balseiro explica que moitas zonas rurais de España, e de forma especial da provincia de Lugo, seguen sufrindo un auténtico apagamento dixital en pleno 2026: sen fibra óptica, con cobertura deficiente, sen acceso estable a internet e telefonía móbil. “Porque fallou a planificación, a execución e a xestión do Goberno” que é a administración responsable.
Esta situación “é especialmente grave” tendo en conta que “non falamos de falta de recursos” porque “o Estado nunca dispuxo de tantos fondos europeos para dixitalización e conectividade. Nunca se anunciaron tantos millóns e tantos plans, pero nunca foi tan evidente tamén a distancia entre a propagando do Goberno de Sánchez e a vida real de miles de fogares”.
O popular explicou que “o 5G non chega ás portas das aldeas, quédase en titulares de prensa. Estudar e teletraballar, emprender ou simplemente realizar trámites básicos dende o rural convértese nunha estrada de obstáculos”.
O chamado Programa ÚNICO, que debería pechar a fenda dixital, acabou sendo un fracaso do Goberno de Sánchez en materia de conectividade: fondos sen executar, operadores que entraron en concurso de acredores, falta de información aos veciños, ausencia de coordinación e miles de territorios que seguen “en sombra”.
“Non faltan fondos, faltan resultados. E o peor é compracencia” porque “o Goberno actúa como se o problema non existira, mentres familias, autónomos, explotacións agrarias e pequenas empresas continúan desconectadas”. Nese sentido, Balseiro compartiu as reivindicacións de quen quere vivir e traballar no rural con igualdade de oportunidades.
EXEMPLOS CONCRETOS
O senador popular puxo no Senado exemplos concretos das deficiencias na provincia en relación ao 5G -con tres concellos con 0% de cobertura como son Muras, Negueira de Muñiz e Folgoso do Courel- e a Internet en distintas zonas da provincia.
Balseiro advertiu de problemas de cobertura móbil en zonas de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín e Outeiro de Rei e, ás veces, tamén de Internet ou falta de acceso á banda ancha. A Montaña lucense volver ser a principal damnificada con cinco municipios con problemas: Becerreá, Baralla, Cervantes, Folgoso do Courel,Navia de Suarna e A Fonsagrada. Tamén na zona sur hai municipios sinalados como A Pobra do Brollón ou Chantada, na Terra Chá hai deficiencias en Begonte, Cospeito, Ribeira de Piquín e Guitiriz e na Mariña os veciños piden melloras en Alfoz, O Valadouro, Cervo, A Pontenova, O Vicedo, Trabada e Ourol.