O “Espacio de Lectura con A de Arquitecta” chega a Galicia con ‘SanctiSpiritus’, libro da arquitecta e fotógrafa galega Ana Amado, testemuño visual e literario único sobre a vida de clausura no Mosteiro de Sancti Spiritus, en Toro (Zamora).
O Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) celebrará durante toda a xornada do xoves, 18 de xuño, o evento Atlantía no Naútico de San Vicente do Mar no Grove. A xornada ofrecerá a visión de varias arquitectas de xeracións e perfís diferentes, ben sexan proxectistas, urbanistas, ou mesmo músicas, ilustradoras ou divulgadoras, que falarán do seu traballo profesional. O evento, que pretende continuar no tempo, aspira a descubrir e servir de plataforma tamén para novas arquitectas.
O emprazamento elixido, o Náutico de San Vicente, ao lado da praia da Barrosa, non é casual. Preténdese que o evento emule o fenómeno da experiencia en vivo, onde o público será fundamental para que a experiencia sexa completa, dinámica e enriquecedora, reservando certo grao de sorpresa nas participacións e relatorios que se celebrarán ao longo do día, todo cun carácter distendido, a modo de festival da arquitectura, onde a praia permitirá eses momentos de descanso e relaxación entre conferencias. Patrocinan o evento as empresas Forbo, Timberfour, Blanco Quintas, Sirvent, DFG e Instelme Vigo, e colaboran o Concello do Grove, Náutico San Vicente, Vilanova Peña e Conservas Cambados.
A xornada desenvolverase durante todo o día, de 9:30 a 21:00 horas, rematando con sesión DJ ata as 00:30h, e con tres intervencións pola mañá e mesas de debate, e pola tarde con catro relatorios e novas mesas de debate. Ao mediodía, entre as 13:45 e as 16:00 horas, ofrecerase un xantar de fideuá de marisco ou alternativa vegana apta para persoas celíacas, que se degustaránas terrazas do propio Náutico. Os asistentes ao desfrutarán tamén cunha actuación musical sorpresa.
Arquitectura, vida íntima e espazos invisibles
O evento tamén acollerá a celebración dunha xornada de lectura do ciclo “Espacio de Lectura con A de Arquitecta” do Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España (CSCAE). Ás 17:00 horas terá lugar unha conexión en streaming a través da canle do COAG para a lectura e presentación, desde San Vicente, do último libro publicado da arquitecta e fotógrafa galega Ana Amado, “Sancti Spiritus”.
A presentación será inaugurada por María Pierres, secretaria e responsable da Comisión de Xénero do COAG, e moderada e presentada pola arquitecta xestora da conta de Instagram “Le Petit Patito”, Laura Pato [Enlace de conexión en directo – Streaming].
A iniciativa nace co obxecto de recuperar, visibilizar e recoñecer a influenza das mulleres naarquitectura a partir da lectura e o diálogo en torno a libros escritos ou editados por arquitectas, ou centrados na obra de mulleres arquitectas. O ciclo visita diferentes sedes colexiais daxeografía española para fomentar o debate colectivo.
Nesta ocasión, o COAG dedicará a sesión ao libro “Sancti Spiritus”, de Ana Amado, unha publicación que ofrece un testemuño visual e literario único sobre a vida de clausura no Mosteirode Sancti Spiritus, en Toro (Zamora). A obra, enriquecida cun relato inédito da escritora Lara Moreno, desvela a beleza do oculto e explora o misterio dun espazo habitualmente vedado aoexterior.
“Sancti Spiritus” propón unha mirada íntima á relación directa entre a arquitectura conventual ea vida silenciosa que esta alberga, pero que tamén oculta. A través das súas imaxes, Amado plasma a súa convivencia cunha comunidade de monxas dominicas de clausura, mulleres a miúdo invisibles para a sociedade actual. A publicación convértese así nun suxestivo diálogo entre a permanencia dos muros de pedra e a extraordinaria cotidianidade das súas moradoras.
A sesión permitirá abrir unha conversa sobre como o deseño e os límites do espazo físico condicionan a experiencia vital, o valor do silencio, o amparo que proporciona a arquitectura e opapel das mulleres na construción de realidades cotiás dentro de contornas de retiro.
Ana Amado (Ferrol, 1975) é arquitecta, fotógrafa e docente. A súa traxectoria profesional eartística móvese na confluencia entre l arquitectura e a imaxe, explorando como as estruturas construídas dialogan con comportamento social, a memoria e as comunidades que as habitan. A través da fotografía documental, desenvolveu proxectos de gran calado social e humanista, visibilizando realidades periféricas e a impronta das mulleres en espazos tradicionalmente pechados ou ignorados.