Onte foi un día para marcar no calendario, cunha xornada de portas abertas na rehabilitada Capela de Sinde, que renace como o novo Centro de Interpretación Medioambiental e de Recepción de Visitantes do Estuario do Anllóns.
A xornada comezou cun emotivo acto relixioso, cunha procesión e misa na honra da Virxe de Fátima. O programa continuou coas actuacións da Coral de Canduas e o grupo Vento da Barra, poñendo a nota musical nun día tan sinalado.
Vídeo cedido por una vecina
Durante o acto, o alcalde, José Muíño, subliñou a importancia desta recuperación. Ademais, oubo un momento moi emotivo, realizar un recoñecemento especial a Isaura, pola súa labor impecable na custodia da imaxe durante todos estes anos.
Esta rehabilitación é froito dun esforzo compartido entre o GALP, a Axencia Turismo de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Cabana.















Ao remate do acto, o Alcalde deu as grazas a todas ás veciñas e veciños que se achegaron a compartir este momento tan especial. «E a vosa resposta superou todas as expectativas. Cabana está de noraboa!» concluíu José Muíño.