Os tempos son chegados

Presidente de Coalición Galega

Coa chegada do verán e da tremendísima sentence sobre o caso mascarillas entramos nunha etapa de profunda incerteza política. A ruptura progresiva entre os socios parlamentarios do Goberno, a perda de confianza entre os partidos que sustentaron a investidura e a incapacidade para garantir estabilidade lexislativa debuxan un escenario cada vez máis evidente. A posibilidade dun adianto electoral xa non pertenece ao terreo da especulación, senon ao da lóxica política.

Apuntaba  recentemente un analista no marco das eleccións andaluzas  nas redes sociáis que o Goberno  estaba a vender fume en forma de récord de emprego, pero había unha realidade moi incómoda detráis da propaganda: o emprego público medra moito máis axiña que o privado namentras a productividade segue estancada.

   Vai xa para medio ano que Junts decidíu romper relacións co Goberno ante un suposto incumprimento por parte do Executivo do pacto do 2023, e este xa non conta para algunhas cousas co apoio do PNV nin co de Coalición Canaria. Soamente lle resta o  dos partidos de extrema esquerda de sempre, con diferentes nomenclaturas, e dos nacionalista comunistas que desgraciadamente teñen máis do segundo que do primeiro.

  Namentras o Sr Feijoo, que nin está nin se lle espera,  vai collendo folgos nos diferentes comicios autonómicos  e Vox critica a política económica do Executivo pero non aporta solucións nin en Europa onde confunde Estados Medieváis  con Nacións e pluralismo, nin en  Madrid, nin tan siquer nas diferentes Comunidades Autónomas.

Mais o problema non é únicamente parlamentario. O verdadeiro desgaste prodúcese na rúa, onde moitos cidadáns perciben que a política estatal vive máis preocupada pola supervivencia dos bloques ideolóxico ca polos problemas reais da sociedade

E xa como colofón a UE no canto de ser unha comunidade política de entidades voluntarias e soberanas, encamíñase a convertirse nunha agrupación de entidades administrativas carentes incluso de plena autonomía interna, cunha Comisión Europea cada vez máis personalista e con maior acumulación de poder.

  Nesta España plurinacional gobernada polas grandes corporacións e polos grandes bancos celebramos expectantes a  chegada do Sumo Pontífice. Os da dereita contentos por obligación e os da esquerda doblemente:  dunha banda pola exitosa organización e oportunidade, e  doutra pola postura do Bispo de Roma sobor da guerra, da emigración e o seu compromiso coas vítimas de abusos dentro da Igrexa.

Coalición Galega, un partido humanista e con ideoloxía galeguista centrada no fortalecemento da identidade, cultura e autogoberno galegos (o que nos deu sentido de pertenza e diferenciación fronte a outras forzas españolas ao longo de tantos anos) quere para Galicia un grado sustancial de autogoberno coa irrenunciable competencia da plena potestade tributaria orixinaria e exclusiva sobre todos os feitos impoñibles que se xeren no noso País.

Desde Coalición Galega queremos enviar a mensaxe clara de que definir o futuro de Galicia dende a multilateralidade do Consello de Política Fiscal e Financiera é aceptar voluntariamente a nosa devaluación política.  Como apuntaba recentemente o xurista Pérez Lema unha facenda propia, que recade a totalidade dos impostos directos e indirectos xerados no noso tecido produtivo, e que liquide unha cota anual ao Estado polos servizos estritamente non transferidos, outorgaríanos a chave da soberanía financeira e sería unha importante ferramenta na mellora do benestar de Galicia.

Comparte éste artículo
No hay comentarios