Pablo Portela Fernández toma posesión como novo secretario xeral do Concello de Lugo

O despacho de Alcaldía acolleu hoxe o acto de toma de posesión de Pablo Portela Fernández como novo secretario xeral do Concello de Lugo.

Portela Fernández conta cunha ampla traxectoria como secretario de categoría superior, desempeñando esta responsabilidade, entre outros destinos, nos concellos de Guitiriz, Gondomar e Tui, experiencia que agora pon ao servizo da administración municipal lucense.

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, deulle a benvida en nome da Corporación municipal e trasladoulle os seus mellores desexos nesta nova etapa profesional, expresando a súa confianza en que a súa experiencia e coñecemento contribuirán ao bo funcionamento da institución e ao obxectivo compartido de seguir prestando un servizo público de calidade á cidadanía.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios