Rager segue medrando como banda coa publicación de “Enfermidade”

O grupo estará presente en dous dos festivais máis importantes do verán galego: Bigsound Pontevedra e Sonrías Baixas.

Descubre más noticias musicales como ésta

Rager, unha das bandas con máis futuro da escena emerxente galega, continúa o seu crecemento coa publicación do seu primeiro sinxelo Enfermidade. O grupo, con irreverencia e descaro poñen enriba da mesa unha canción que xira arredor da liberación do que nos agobia, xogando con esa presión pegañenta de cando non es capaz de quitar unha enfermidade de enriba.

A banda pontevedresa creou a canción durante os ensaios da súa etapa en Xeración Sónica, partindo dunha letra que reflexaba a frustración de estar sempre enferma e non quitar iso de enriba, que posteriormente adaptaron para dotalo de novos significados. A raíz disto, xurdiu o riff da ponte, sobre o que estruturaron a parte instrumental e a melódica.

Despois dos seus primeiros concertos deste ano, a banda destaca que esta é unha das máis especiais do seu repertorio, xa que o público a recibe con moito entusiasmo e foi dos primeiros traballos en facer en conxunto como agrupación, con momentos de unión durante a gravación que aínda lembran.Este tema estará incluído no repertorio dos seus concertos programados para este verán, onde pasarán por algúns dos mellores festivais galegos, como son o SonRías BaixasBIGSOUND Pontevedra ou Armadiña Rock.

O lanzamento deste tema coincide co anuncio da súa fichaxe polo roster de PlayPlanaxencia de management de artistas ao fronte de diferentes carreiras musicais como a de Hugo GuezetaSabela ou Vimbio, sendo tamén a promotora musical ao cargo da xestión de festivais como o SonRíasBaixasBIGSOUND Pontevedra ou Fumega Fest. Desta maneira, a banda e a empresa de Bueu buscan posicionar o proxecto como unha das novas caras da escena emerxente galega.

IS SOBRE RAGER

Rager é a voz das xeracións futuras. Coa súa mestura visceral do rock e o punk coa electrónica, a banda galega emerxe como unha das figuras máis prometedoras do panorama musical actual. Con rabiareivindicación e enerxía, a banda érguese como estandarte das novas xeracións cun discurso e idioma propio que busca dar de que falar e escoitar a quen se atreva. Combatividadeidentidade e guitarras para alzar a voz dende o inconformismo, aportando e enriquecendo unha escena  emerxente con tendencia ao urbano e cada vez máis lonxe dos riffs, os berros e a mentalidade crítica.

Nacida en 2022, a banda dá os seus primeiros pasos cunha firmeza que rápido as posiciona como unha das grandes figuras da nova fornada de promesas da música en galego, chamando a atención de estandartes como Xurxo Souto, lenda do rock bravú galego, co que colaboraron participando no seu documental Bravú XXX.

Con xa numerosos concertos por Galicia ás súas costas, saltando incluso a fronteira ata Portugal, a banda encara un 2026 no que pisarán varios dos festivais máis importantes de Galicia, compartindo cartel e escenario con artistas estatais e internacionais. Desta maneira, chegan para amosar que con personalidade e dende as marxestamén se pode desenvolver unha carreira musical, recollendo ese futuro prometedor para convertelo nunha realidade. A agrupación está a traballar no estudo para que este ano poida ver a luz o seu primeiro traballo discográfico.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios