Alfonso Rueda apoia a tradición gastronómica na XXXIII Festa da Exaltación do Pan de Cea

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asistiu este domingo á celebración da XXXIII Festa da Exaltación do Pan de Cea, unha das citas gastronómicas máis emblemáticas do verán ourensán. A xornada contou este ano cun claro protagonismo institucional, xa que a encargada de pronunciar o pregón foi a conselleira do Mar, Marta Villaverde.

Con esta participación, o xefe do Executivo galego amosou un ano máis o respaldo do Goberno autonómico aos produtos locais con selo de calidade diferenciada e ás festas que poñen en valor o patrimonio gastronómico, cultural e etnográfico dos municipios do interior de Galicia.

Comparte éste artículo
No hay comentarios