Carme da Silva: “O PP terá que explicar por que non quere a transferencia á Galiza da AP-9 e se opón ao acordo conseguido polo BNG”

“O problema do Partido Popular é que nunca pensou que estaría no Senado debatendo a transferencia da AP-9 á Galiza porque boicoteou de forma activa calquera intento de que saíse aprobada no Congreso” sinala a senadora do BNG

O BNG lembra que o acordo conseguido transfire a titularidade e todas as competencias á Galiza e asegura que o Estado asume todas as consecuencias –incluídas as económicas- derivadas das decisións que tomou cando era –é-  a titular.

Comparte éste artículo
No hay comentarios