CIG Saúde advirte de que existen graves riscos para a saúde das persoas usuarias e traballadoras dos centros sanitarios por mor da onda de calor que se está a sufrir en todo o país e que colle aos centros sanitarios sen instalacións de climatización para facerlle fronte. Desde o pasado mes de xuño nos centros de saúde ,consultorios , PACs e nos centros hospitalarios sopórtanse temperaturas que superan os máximos permitidos segundo a normativa de saúde e riscos laborais para considerar o entorno laboral seguro, incumplíndose polo tanto esta lei.
A central sindical nacionalista leva anos advertindo á Xerencia da Área Sanitaria de Lugo – A Mariña – Monforte de Lemos desta grave vulneración da normativa que pon en risco a saúde das persoas, sin que de momento se tomara ningunha medida máis que o envío dunha ridícula cantidade de ventiladores a algún centro de saúde contado, e que son totalmente insuficientes .
As elevadas temperaturas que se rexistraron nas instalacións sanitarias son tales que impiden o correcto desenvolvemento da actividade laboral con garantías, aumentando as probabilidades de que as persoas sufran desvanecementos e outros problemas polo exceso de calor.
O persoal dos centros leva tamén anos demandando as servizo de subministros que se envíen ventiladores na cantidade suficiente para paliar a situación , máis en ningún momento foi subministrado esa aparataxe, que se ben non soluciona o problema ao mover aire quente, si aminora algo o exceso de calor.
Segundo comprobou CIG Saúde este incumplimento por parte dos directivos da Área Sanitaria a maiores de producir efectos nocivos sobre a saúde das persoas traballadoras e usuarias provoca a imposibilidade de realizar actividades esenciais como a realización de certos exercicios nos programas de educación maternal e preparación para o parto, tan necesarios e beneficiosos para as mulleres embarazadas. Nas salas de fisioterapia , onde hai aparataxe que desprende calor a maiores, tamén se imposibilita a realización de exercicios necesarios para a rehabilitación.
Esta organización sindical , diante da situación de alarma por altas temperaturas que leva producíndose en todo o país desde hai máis dun mes sin que se tomara medida algunha por parte da Xerencia esixe a execución real e sen excusas do plan de instalación de climatización en todos os centros sanitarios da Área Sanitaria, así como a dotación de oficio e sen máis dilación dos equipos de ventilación en cantidade suficiente dando cumplimento estrito á normativa de saude e riscos laborais en materia de condicións ambientais nos lugares de traballo.
De igual xeito reiteramos a nosa solicitude de dimisión do Subdirector de Recursos Económicos pola súa manifesta incapacidae de xestionar as necesidades básicas de Atención Primaria e Hospitalaria da Área Sanitaria de Lugo – A Mariña- Monforte de Lemos.