Unha vez proclamada oficialmente polo PSOE como candidata, Eva Martínez Montero deu o pistoletazo de saída á súa campaña cun envío masivo dirixido á militancia.
A candidata remitiu unha carta aos afiliados na que debulla as liñas principais do seu proxecto. Xunto ao texto, compartiuse o enlace á súa páxina web oficial, onde xa están dispoñibles a canción e o vídeo que porán banda sonora e imaxe a esta campaña.
Con este lanzamento, Martínez Montero busca conectar de primeira man coas bases e sumar apoios desde o primeiro minuto.