O Campus Industrial de Ferrol reúne a estudantado de seis universidades europeas nun programa internacional sobre Industria 4.0

O programa combina formación práctica en sensorización, adquisición e análise de datos, fabricación aditiva, robótica, Internet das Cousas (IoT), xemelgos dixitais, así como a súa aplicación nos ensaios experimentais en enxeñaría, con visitas ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais (CITENI) e ao Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA).

Un total de 32 estudantes de grao, máster e de doutoramento, procedentes de Croacia, Serbia, Finlandia, Romanía e de Portugal participan, ao longo de toda esta semana, no Programa Intensivo Combinado From Sensors to Data: Industry 4.0 in Engineering Experimental Testing. Un ano máis, o Campus Industrial de Ferrol convértese no escenario dunha iniciativa internacional, na que o estudantado afondará en ámbitos clave como a Industria 4.0, a sensorización, a adquisición e análise de datos, a fabricación aditiva, a robótica, a Internet das Cousas (IoT) ou os xemelgos dixitais, así como na súa aplicación nos ensaios experimentais en enxeñaría. 

A Universidade da Coruña (UDC), baixo o liderado do profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e investigador do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), Fran González, coordina esta iniciativa de innovación docente, enmarcada no Programa Erasmus+. No proxecto participan tamén a University of Zagreb (Croacia), a University of Belgrade (Serbia), a TampereUniversity (Finlandia), a Universidade do Minho (Portugal), así como a NationalUniversity of Science and Technology Politehnica Bucharest e a UniversitateaPetrol-Gaze Din Ploiesti, ambas as dúas de Romanía.

Logo de completar unha fase de formación previa en liña, o estudantadoparticipante foi recibido, a primeira hora desta mañá, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, pola vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares; polo director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz; pola directorado Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), Belén Montero; polo adxunto de Mobilidade e Convenios da Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización, Bruno Casal; e máis polo director do Campus Industrial de Ferrol, Marcos Míguez. 

Formación práctica en tecnoloxías emerxentes

A proposta formativa do Programa Intensivo Combinado From Sensors to Data: Industry 4.0 in Engineering Experimental Testing estrutúrase arredor de dous módulos comúns. O primeiro introduce ao estudantado no deseño paramétrico mediante FreeCAD e nos procesos de fabricación aditiva coa tecnoloxía FDM. O segundo céntrase na programación con Arduino, na integración de sensores, na adquisición de datos e nas comunicacións empregadas nos sistemas intelixentes conectados. 

Para continuar coa súa formación, o estudantado poderá elixir entre diferentes itinerarios vinculados ás áreas de especialización do Campus Industrial de Ferrol, como a arquitectura naval, a monitorización de maquinaria e omantemento preditivo, a robótica submarina, o desenvolvemento de novos materiais poliméricos ou mesmo a experimentación aerodinámica no Túnel do Vento. 

O programa desta iniciativa formativa internacional complétase con visitas ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), situado no propio Campus Industrial de Ferrol, e ao Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA), no Campus da Coruña. Ademais, o estudantado participante poderá gozar de actividades culturais e de lecer entre as que se inclúen variasvisitas guiadas pola cidade e un paseo en barco pola ría. 

.

Comparte éste artículo
No hay comentarios