Besteiro acusa a Rueda de darlle as costas a Cambados: «uns cumpren e outros non»

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, contrapuxo hoxe o compromiso real co concello de Cambados fronte aos incumprimentos sistemáticos da Xunta de Galicia. «En Cambados, uns cumpren e outros non«, sentenciou o líder socialista para ilustrar a diferenza entre a xestión de ambas as administracións.

Besteiro denunciou que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, lle nega a Cambados a residencia de maiores pública que o municipio tanto necesita e reclama. Fronte a este «bloqueo» autonómico, o portavoz do PSdeG puxo en valor o compromiso do Goberno de España, que lidera o investimento na reforma da Casa do Mar e impulsa a construción do novo cuartel da Garda Civil.

«Con Samuel Lago á fronte, Cambados avanza e seguirá a pelexar polos servizos que merece a súa xente«, concluíu Besteiro, quen reafirmou o apoio do partido ao proxecto do alcalde e á defensa do benestar dos veciños e veciñas da vila.

Comparte éste artículo
No hay comentarios