O Concello de Lugo, a través do Centro de Convivencia de Lamas de Prado, organiza o xoves 13 de agosto, unha excursión cultural de un día ao Pazo de Mariñán e a Betanzos.
Con saída dende a Pza. de Bretaña, a actividade ten prazas limitadas, polo que é precisa unha inscrición previa que estará aberta os días 29, 30 e 31 de xullo no propio Centro de Lamas de Prado, de 9 a 13 horas.
A excursión cun custe inferior aos cinco euros, contempla unha visita guiada ao Pazo de Mariñán e aos seus xardíns, tempo libre para pasear polo casco antigo de Betanzos e un percorrido polo Parque do Pasatempo, antes do regreso a Lugo.
Dende o Concello de Lugo anímase á cidadanía a participar de xeito activo nestas actividades promovidas polos diferentes Centros de Convivencia, coa finalidade de fomentar espazos de encontro entre os veciños.