Un home de 78 anos de idade e veciño da localidade de Vilaxoán faleceu este sábado tras sufrir un afogamento na praia do Preguntorio, no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa.
O alerta activouse ás 20:40 horas, cando un particular contactou co 112 Galicia para informar de que varias persoas acababan de sacar do auga a un home con claros síntomas de afogamento na praia situada na parroquia de Sobrán.
Dende o centro de operacións do 112 Galicia mobilizouse de urxencia o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia (061), que desprazou ata o lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Así mesmo, foron alertados os efectivos da Policía Local e do Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía de Arousa.
Malia a rápida intervención e os esforzos do persoal sanitario por reanimalo, non se puido salvar a vida do home, confirmándose o seu falecemento no propio lugar dos feitos.