O Concello de Lugo reforza a área de Persoal co nomeamento dun xefe de Servizo

O Concello de Lugo vén de nomear a Iván Fernández Araujo como xefe de Servizo da área de Persoal. Este nomeamento forma parte do traballo que está a desenvolver o Goberno local para fortalecer a estrutura municipal, consolidar os equipos e dotar o Concello dunha organización máis sólida, capaz de responder con maior axilidade ás necesidades da cidadanía.

A alcaldesa daba a benvida a este profesional salientando que reforzar os recursos humanos é tamén reforzar a capacidade do Concello para prestar mellores servizos públicos.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios