O PP de Pol condena que “mentres os veciños pagan o triplo polo recibo da auga, o alcalde gaste todos os días en regar o campo de fútbol”

A portavoz, Nicole Grueira, censura que “a prioridade de Lino Rodríguez siga a ser o campo de fútbol en lugar de xestionar os recursos para ofrecer servizos de calidade aos veciños

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, censura que “o alcalde gaste auga todos os días para regar o campo de fútbol e aos veciños e veciñas lles cobre o triplo polo recibo da auga”.

A popular censura, unha vez máis, que “a prioridade de Lino Rodríguez á fronte do Concellos sexa o fútbol e non xestionar os recursos para ofrecer aos veciños e veciñas servizos dignos e de calidade”.

“A incapacidade de xestión do alcalde socialista é evidente” toda vez que “levou ao Concello a acumular unha débeda de máis de 5M€”. E, a pesar diso, non dubida en dirixir ao campo de fútbol todos os recursos público que pode. E para facer fronte á prestación de servizos básicos como é a auga, vese obrigado a cobrarllo aos veciños e veciñas dos seus propios petos”.

Grueira advirte do “descontento” dos veciños e veciñas trala importante suba do recibo da auga; unha medida que aprobou o goberno local do PSOE a finais do 2024 “froito da súa nefasta xestión económica”.

Á suba da auga -nalgúns casos de ata 5 veces máis-, hai que engadir “unha suba de 8 euros (de 22 a 30€) que tiveron que asumir todos os veciños de Pol no recibo do lixo”, segundo lembra a portavoz popular. 

Desde o PP de condenan que “os veciños paguemos cada vez máis impostos, pero recibamos menos servizos”. E lembran que “a atención do alcalde se centra unicamente e exclusivamente no campo de fútbol, mentres abandona aos maiores e familias con rendas baixas”.

Grueira reivindica, unha vez máis, “unha xestión responsable e transparente dos recursos municipais para que os veciños poidan desfrutar de servizos municipais de calidade”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios