Alfonso Villares analizou co alcalde das Nogais proxectos clave como os novos programas de inserción laboral

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, mantivo hoxe un encontro institucional co alcalde das Nogais, Jesús Núñez, para avaliar os principais investimentos autonómicos no municipio.

Durante a reunión, Villares destacou a subvención de 30.000 euros da Axencia de Turismo de Galicia para mellorar e embelecer os accesos á área recreativa A Reboleira.

No eido laboral, o delegado subliñou o impacto do programa Rural Activo 2026, dotado con 91.400 euros para contratar cinco persoas durante nove meses a xornada completa en tarefas de xestión forestal e prevención de incendios. Así mesmo, puxo en valor o obradoiro dual Vía Künig VII, compartido con Baralla e Becerreá, no que a Xunta inviste preto de 493.000 euros para capacitar a 20 desempregados no sector da construción.

Villares reafirmou o compromiso da Xunta de seguir colaborando cos concellos para fortalecer as infraestruturas e servizos da provincia.

Comparte éste artículo
No hay comentarios