O PP denuncia o “sablazo” de PSOE e BNG aos usuarios da residencia de Trabada, con subas que chegan ata os 810€ ao mes

Ameijide: “É inaceptable que a Deputación de Lugo presuma de políticas sociais mentres aproba polas subas de tarifas superiores ao 50 e ao 60% en residencias como a de Trabada. Moitos dos nosos maiores teñen pensións modestas e estas subas obrigan ás súas familias a facer encaixes de bolillos para poder manter aos seus maiores nun centro público”.

Os deputados do Grupo Provincial Popular amosan o seu rexietamento ao drástico incremento das tarifas dos Centros de Atención a Maiores da rede provincial que, nalgúns casos, pasarán a pagar 810€ máis cada mes.

Así o manifestaron os deputados Antonio Ameijide e José María Fernández durante unha xuntanza que mantiveron con familiares dalgúns usuarios do centro de atención a maiores de Trabada.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, recordou que PSOE e BNG aprobaron en pleno esta suba das tarifas que contou co voto en contra dos deputados populares.

Ameijide criticou que “mentres PSOE e BNG seguen a presumir de políticas sociais, aproban subas de tarifas superiores ao 50 e ao 60% en residencias como a de Trabada”.

“Moitos dos nosos maiores teñen pensións modestas e estas subas de ata 810€ dun mes ao seguinte obrigan ás súas familias a facer encaixes de bolillos ou poñen en risco que podían seguir asumindo ese custe”, denunciou.

Ameijide explicou que, segundo os datos das liquidacións ás que tivemos acceso, no CAM de Trabada “a asfixia económica sobre as familias faise evidente en cifras concretas”:

  • Incremento mensual: A recadación da residencia pasa de 46.897,19€ no mes de xuño a 56.981,34€ en xullo, o que supón unha suba mensual de 10.084,15€ que sairá directamente do peto dos maiores e das súas familias.
  • Incrementos desorbitados: Hai residentes dependentes aos que a mensualidade se lles incrementa de forma directa en 810€ cada mes, pasando de aboar 1.390€ a 2.200€.
  • Hai varios casos de usuarios autónomos, o prezo increméntase nun 62,04%, pasando de pagar 1.080€ a 1.750€ (+670 €/mes).

Dende o Grupo Popular critican duramente que a decisión adoptada por parte de socialistas e nacionalistas, que demostra “unha total falta de empatía e de sensibilidade social coas persoas maiores do medio rural e as súas familias”.

“É inaceptable que a Deputación de Lugo presuma de políticas sociais mentres aproba polas subas de tarifas superiores ao 50 e ao 60% en residencias como a de Trabada. Moitos dos nosos maiores teñen pensións modestas e estas subas obrigan ás súas familias a facer encaixes de bolillos para poder manter aos seus maiores nun centro público”, denunciou Ameijide.

Pola súa banda, José María Fernández explicou que “o malestar é profundo” entre as familias, xa que “este incremento é inasumible e desmedido, co agravante de que o alcalde mira cara outro lado e se nega a plantarlle cara ao goberno da Deputación”.

O voceiro popular en Trabada recorda que “no noso partido sempre mantivemos unha postura firme de rexeitamento a este incremento e seguimos a esixir que dean marcha atrás, que recapaciten, escoiten o clamor das familias e revisen de inmediato este modelo para garantir uns prezos públicos xustos, accesibles e acordes ás capacidades económicas dos residentes”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios