O BNG lamentou que Vimianzo teña que aprobar un PEF tras catro anos cos maiores orzamentos. Os nacionalistas abstivéronse na aprobación do Plan Económico-Financeiro ao considerarincomprensible que, tras catro anos cos maiores orzamentos, o goberno teña que recorrer agora a un PEF.
O BNG lembrou que o actual goberno iniciou o mandato cun Concello saneado e con máis de 2,5 millóns de euros nas arcas. Mentres se destinaban recursos a festas, publicidade e desprazamentos, executáronseactuacións de baixa calidade nos viais e seguen arredor do 40% dos núcleos sen rede de saneamento.
A formación tamén celebrou o apoio unánime á súa proposta para reclamar a gratuidade da AG-55 cara á Coruña, unha medida que favorecería á veciñanza e ás empresas do concello.
Finalmente, o BNG tamén lamentou que a alcaldesa rexeitase as propostas para construír beirarrúas en Vilaseco e mellorar o cruce e as rúas de Ogas.