Os servizos municipais retiran arredor de dez tonaledas de residuos tras a primeira xira aos Caneiros

Os servizos municipais completaron nas últimas horas as labores de limpeza e acondicionamento do campo de Os Caneiros tras a celebración da primeira das xiras, que contou cunha das participacións máis elevadas dos últimos anos.

En total, foron retiradas arredor de dez toneladas de residuos, fundamentalmente botellas e outros envases de plástico, bolsas, caixas, cartóns e outros materiais depositados durante a celebración da romaría. O volume recollido supón un incremento respecto de anos anteriores, en boa medida como consecuencia da elevada afluencia de persoas que participou nesta primeira xornada.

Os traballos de limpeza estenderánse nas vindeiras horas ao camiño de Xan Xiao, desde Os Anxos, e ao propio leito do río, completando así a actuación de recuperación e acondicionamento de todo o contorno utilizado durante a xornada.

Ademais da retirada dos residuos, os servizos municipais realizaron diferentes tarefas de acondicionamento do campo de Os Caneiros, co obxectivo de deixar o espazo preparado para a celebración da segunda xira, que terá lugar o vindeiro martes 25 de agosto. Nesta segunda xornada agárdase unha menor afluencia de persoas, aínda que o Concello manterá o mesmo dispositivo especial previsto para a primeira das xiras.
O operativo estará integrado por máis de cen persoas entre efectivos de Protección Civil, Garda Civil, Policía Local e Cruz Vermella, garantindo a seguridade, a atención á cidadanía e a correcta organización dunha das celebracións máis multitudinarias das festas de San Roque.

O Concello explicou hoxe que parte boa aparatos de son (altavoces) e tamén cable, que estaba previsto utilizar para a celebración da romería de onte foron roubados a noite anterior polo que o sonido non chegou a parte do Campo dos Caneiros. Tamén se viu afectada una caseta de Protección Civil, onde faltou material que estaba depositado para a celebración la xira. Nesta caseta incluso roubaron al ventás. O Concello presentará a correspondente denuncia.

Continúa a programación das festas de San Roque

Tras a celebración da primeira xira aos Caneiros, a programación das festas de San Roque continúa hoxe, mércores 19 de agosto, con diferentes actividades.

Ás 17:00 horas, o Auditorio do Pasatempo acollerá unha nova festa infantil con inchables, a cargo da empresa Galocio. Ás 19:30 horas, no estadio García Irmáns terá lugar o XXII Torneo de Veteranos de Betanzos, no que se enfrontarán os equipos Beat Street Iris, Betanzos-Norte e Piadela.

Xa pola noite, ás 22:30 horas, a praza da Constitución acollerá a actuación do grupo The Cruze, especializado en versións de clásicos do pop e do rock, tanto nacional como internacional.

Mañá, xoves 20 de agosto, a programación continuará desde as 10:30 horas coa segunda xornada de portas abertas de piragüismo para nenos e nenas de 7 a 14 anos, unha actividade na que é imprescindible saber nadar e para a que é necesaria a inscrición a través da web do Concello.

Ás 17:00 horas, o Auditorio do Pasatempo acollerá a segunda xornada da festa infantil con inchables, que contará novamente con contacontos da empresa Galocio. En caso de mal tempo ou chuvia, esta actividade trasladarase ás pistas anexas ao polideportivo municipal.

Ás 17:30 horas, o estadio do Carregal será escenario do II Triangular de fútbol xuvenil, no que participarán os equipos Betanzos CF A, Betanzos C.F.B e AD Miño.

A xornada rematará pola noite, ás 22:30 horas, coa actuación da orquestra Los Satélites na praza dos Irmáns García Naveira.

A programación festiva continuará nos vindeiros días ata a celebración da segunda xira fluvial aos Caneiros o martes 25 de agosto, que volverá contar cun dispositivo especial para garantir o normal desenvolvemento da romaría.

Comparte éste artículo
No hay comentarios