Caballero recibe ás subcampioas de España cadetes de balonmán praia

O alcalde de Vigo Aberl Caballero, recibiu este xoves no Concello ao equipo vigués Club Balonmano Playa de Vigo, cadete feminino, tras acadar a medalla de prata no Campionato de España celebrado recentemente en Laredo (Cantabria).

As xogadoras asinaron un torneo impecable no que superaron as diferentes fases do cadro ata acadar o subcampionato nacional, un logro que consolida o crecemento e o bo momento do balonmán praia de base na cidade.

Durante a recepción, Abel Caballero felicitou persoalmente ás deportistas e ao corpo técnico polo éxito obtido. O rexedor destacou o seu traballo e dedicación, e reafirmou o compromiso do Concello de seguir apoiando o deporte vigués e o desenvolvemento das novas xeracións de atletas.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios