Maratón Inferior, Peñas, un problema a solucionar sí ou sí

Socio nº8218 do Real Clube Deportivo da Coruña

Como puidemos ver estes días, o consello de administración do Deportivo da Coruña, liderado por Juan Carlos Escotet, está impoñendo unhas condicións anormais respecto ao afeccionado e ás peñas.
Dos anos que levo de socio do clube e de peñas, chegou unha situación que nunca pasara, que agora mesmo parece que o clube xestiona directamente coas peñas e non ca Federación de Peñas que é o principal interlocutor, entón fágome esta pregunta: por que non se conta co órgano interlocutor? A que vén agora iso de falar directamente coas peñas? Según vós que función fai a Federación de Peñas senón o de vínculo do clube con cada unha das peñas?
Por outra banda, co tema de Maratón Inferior, urxe unha solución urxente, xa que nestes dous partidos veuse o que había: no Teresa Herrera parecía o de fai 50 ou 60 anos cando a xente ía ao trofeo só por ver ao Real Madrid, que daquela a Riazor chamábanlle o “Mini Bernabéu”.


Por outra banda, viuse no partido contra o Elxe no que a grada que mais anima do estadio, mostráse silencio como protesta ante o atropelo das medidas adoptadas polo consello de administración, en vez de parecer que estabamos en Riazor, parecía un funeral pero a xente ditou sentenza, non só de Maratón Inferior, senón que no resto das gradas víanse camisetas laranxas e curiosamente ese día o ceo da mesma cor, nunca mellor dito: alineáronse os astros.
Dito isto pido ao Consello de Administración que teña a ben escoitar as protestas das peñas, Riazor Blues, Old Faces e demais afeccionados.
FORZA DÉPOR SEMPRE

Comparte éste artículo
No hay comentarios