Competirán oito equipos e os partidos disputaranse nos campos Municipal da Laracha e A Porta Santa de Paiosaco.
A edición 39ª do torneo de fútbol de peñas ‘Concello da Laracha’, unha cita deportiva tradicional de cada verán no municipio, comezará a disputarse nesta fin de semana.
O sistema de competición será por eliminatorias a un único encontro a celebrar nos campos de fútbol Municipal da Laracha e A Porta Santa de Paiosaco.
Neste ano haberá oito participantes, un máis que na edición anterior, e o sorteo do cadro quedou do seguinte xeito:
Cuartos de final
(A): Paiosaco Veteranos – San Román Veteranos. Sábado 22 de agosto, 20:00 h, Municipal da Laracha.
(B): Soandres Veteranos – Canteras El Pozo. Domingo 23 de agosto, 10:00 h, Municipal da Laracha.
(C): Paiosaco S.D – Veteranos Caión. Domingo 23 de agosto, 10:00 h, A Porta Santa de Paiosaco.
(D): Sporting Bértoa da Laracha – San Ramón. Sábado 22 de agosto, 20:00 h, A Porta Santa de Paiosaco.
Semifinais (fin de semana do 29 e 30 de agosto)
Gañador (A) – Gañador (B)
Gañador (C) – Gañador (D)
Final (setembro, data por concretar)
A entrada para o público que desexe asistir aos encontros será libre e gratuíta, tanto nos que se disputen no campo Municipal da Laracha como en A Porta Santa de Paiosaco.