O Unindo Camiños feminino ampliou notablemente o calendario de amigables da fin de semana galega. 23 partidos de tempos reducidos, 20 deles con presenza dos nosos equipos, puxeron gran parte do foco no Santa Isabel compostelá. Como na campaña pasada, o trofeo voou fóra de Galiza.
Racing, Arosa, Ponferradina e Galicia
O sábado celebráronse catro trofeos. Un deles naceu na Barqueira. Sen embargo, terá que esperar á súa segunda edición para contabilizar o primeiro gol. Somozas e Racing, dous equipos vinculados esta temporada, dirimiron a posesión do trofeo a penaltis. Logo de dúas derrotas consecutivas por ese método, os da cidade naval foron quen o levaron para as súas vitrinas.
O trofeo máis prestixioso era o Albariño e o Arosa enfrontouse en Burgáns a cadros contra os que competiu en igualdade na pasada Terceira Federación, pero que nesta campaña andan por categorías diferentes. Os de Vilagarcía, que hai dúas semanas non gañaron o Villa de Cambados, fixéronse co relacionado co viño grazas ao facerlle media ducia de goles aos locais en 45 minutos. Os arlequinados, que na última visita ao Albariño perderan por penaltis (2022), recuperaron un trofeo que gañaran por última vez no 2019.
O único galego que saíu das fronteiras o sábado foi o Barco. Os de Valdeorras competiron moi ben pois lograron igualar sen goles coa Ponferradina, dúas categorías por riba, para logo vencer aos locais do At. Bembibre cun insuficiente 1-0. O Trofeo Villarejo foi para Ponferrada, pois o cadro branco e azul derrotara aos atléticos por 2-0 no primeiro encontro do 3×1.
Por último, o Galicia, que acaba de subir a Preferente, derrotou ao Silva, que viviu medio verán en Preferente e outro medio na Terceira Federación, na que ficou. Os penaltis decidiron o duelo nulo da Pedreira.
No domingo só houbo un trofeo, o dispar triangular que desde hai medio século faise co mecenado de Manolo Martín. O Bergantiños, que o sábado derrotara ao Boiro na final galega da Copa RFEF, continúa arrasando. A súa superioridade permitiu sacar adiante os primeiros partidos non oficiais da temporada mantendo un nivel anotador brutal.
Extremadura gaña en Santiago e Tomiño e Domaio perden na casa contra equipos de Primeira Galega
No fútbol feminino, o torneo máis masivo da pretemporada é o Unindo Camiños, que por segundo ano marchou de Galiza. Da final lusa vivida en 2025, pasamos a unha final hispana grazas a que Sport Extremadura e Deportivo B eliminaron nas semifinais ao Famalicão e ao Vitória de Guimaraes, que defendía o título no torneo. Na final, as estremeñas venceron ás galegas.
O sábado tamén houbo partido internacional no Novo Beade, onde o Lóstrego venceu ao Romariz. Outro de interese estivo en Ourense, onde Rosalía e Victoria B da Coruña rememoraron o que hai un par de meses era un dos partidos chave da Primeira División Galega. Os dous remataron o exercicio subindo de chanzo e desta vez, en Oira, venceron as locais.
No domingo houbo un par de resultados para ter en conta. Dous equipos B de Primeira División Galega derrotaron a dous equipos de Terceira Federación.
Ademais, o At. San Pedro continúa o seu paseo militar no torneo do seu concello. As de Vir del Río protagonizaron a goleada da fin de semana cun 0-10 sobre o Marino de Mera. Eva foi a mellor goleadora cun hat-trick asinado en 44 minutos.
Resultados masculinos
SÁBADO 22/08/2026
I Trofeo Concello de Cerdido. Bernardino Breijo (A Barqueira): U.D. SOMOZAS – RACING C. FERROL: 0-0 / 3-4
Amigable. Juan Baleato (Bembibre-Val do Dubra): S.D. COMPOSTELA Santiago – U.D. OURENSE: 1-1
LIII Trofeo Albariño (3×1). Partido 1: Burgáns (Cambados): C.J. CAMBADOS – C.D. ESTRADENSE A Estrada: 0-0
LIII Trofeo Albariño (3×1). Partido 2: Burgáns (Cambados): C.D. ESTRADENSE A Estrada – AROSA S. CULT. Vilagarcía: 0-0
LIII Trofeo Albariño (3×1). Partido 3: Burgáns (Cambados): AROSA S. CULT. Vilagarcía – C.J. CAMBADOS: 6-0
Amigable. Iago Aspas Juncal-O Casal (Moaña): C.D. MOAÑA – ALONDRAS C.F. Cangas de Morrazo: 2-1
XLVI Trofeo Villarejo (3×1). Partido 2: Jesús Esteban (Bembibre): S.D. PONFERRADINA Ponferrada – CEN. DPTES. BARCO de Valdeorras: 0-0
XLVI Trofeo Villarejo (3×1). Partido 3: Jesús Esteban (Bembibre): CEN. DPTES. BARCO de Valdeorras – C. AT. BEMBIBRE: 1-0
Amigable. Espiñedo (Carballiño): C.D. ARENTEIRO Carballiño – VERÍN C.F.: 4-3
Amigable. Barreiro (Lavadores): GRAN PEÑA F.C. Lavadores – C. PORTONOVO S.D.: 1-2
Amogable. A Madalena (Vilalba): RACING C. VILLALBÉS Vilalba – C. LEMOS Monforte: 2-1
XLVIII Trofeo Industriais. A Pedreira (Meá): S.D. CULT. GALICIA Meá – SILVA S.D. A Coruña: 0-0 / 4-2
Amigable. Cantarrana-Kiko Rey (Viveiro): VIVEIRO C.F. – SIGÜEIRO C.F.: 2-1
DOMINGO 23/08/2028
XLIII Trofeo Manolo Martín (3×1). Partido 1. Arliña (Muxía): MUXÍA C.F. – BERGANTIÑOS F.C. Carballo: 0-7
XLIII Trofeo Manolo Martín (3×1). Partido 2. Arliña (Muxía): PONTEVEDRA C.F.B – MUXÍA C.F.: 0-0
XLIII Trofeo Manolo Martín (3×1). Partido 3. Arliña (Muxía): BERGANTIÑOS F.C. Carballo – PONTEVEDRA C.F. B: 2-0
Amigable. La Veigona (Luarca): C.D. COVADONGA Oviedo – AT. CORUÑA MONTAÑEROS C.F.: 0-1
Amigable. Manuel Ángel Cortizo (Lalín): C.D. LALÍN – CASINO S.D. ARZÚA: 3-1
Resultados femininos
SÁBADO 22/08/2026
III Torneo Unindo Camiños (5×1). Grupo A. Santa Isabel (Santiago Compostela): BERGANTIÑOS F.C. Carballo – C. PELUQUERÍA MIXTA FRIOL: 0-3
III Torneo Unindo Camiños (5×1). Grupo A. Santa Isabel (Santiago Compostela): SPORT EXTREMADURA Badaxoz – R,C.D A CORUÑA B: 1-0
III Torneo Unindo Camiños (5×1). Grupo A. Santa Isabel (Santiago Comp.): C. PELUQUERÍA MIXTA FRIOL – SPORT EXTREMADURA Badaxoz: 0-2
III Torneo Unindo Camiños (5×1). Grupo A. Santa Isabel (Santiago Compostela): SP. C. BRAGA B (PRT) – R.C.D. A CORUÑA B: 1-1
III Torneo Unindo Camiños (5×1). Grupo A. Santa Isabel (Santiago Compost.): BERGANTIÑOS F.C. Carballo – SPORT EXTREMADURA Badaxoz: 0-7
III Torneo Unindo Camiños (5×1). Grupo A. Santa Isabel (Santiago Compostela): SP. C. BRAGA B (PRT) – C. PELUQUERÍA MIXTA FRIOL: 1-0
III Torneo Unindo Camiños (5×1). Grupo A. Santa Isabel (Santiago Compostela): R.C.D. A CORUÑA B – BERGANTIÑOS F.C. Carballo: 4-0
III Torneo Unindo Camiños (5×1). Grupo A. Santa Isabel (Santiago Compostela): R.C.D. A CORUÑA B – C. PELUQUERÍA MIXTA FRIOL: 1-0
III Torneo Unindo Camiños (5×1). Grupo A. Santa Isabel (Santiago Compostela): SP. C. BRAGA B (PRT) – BERGANTIÑOS F.C. Carballo: 4-0
III Torneo Unindo Camiños (5×1). Grupo B. Santa Isabel (Santiago Com.): VICTORIA F.C. Santiago Comp. – VITÓRIA SPORT C. Guimaraes (PRT): 0-2
III Torneo Unindo Camiños (5×1). Grupo B. Santa Isabel (Santiago Compostela): R.C. CELTA SP. Vigo – F.C. FAMALICÃO (PRT): 0-1
III Torneo Unindo Camiños (5×1). Grupo B. Santa Isabel (Santiago Compost.): VICTORIA F.C. Santiago de Compostela – VITÓRIA C.F. A Coruña: 0-4
III Torneo Unindo Camiños (5×1). Grupo B. Santa Isabel (Santiago Compostela): R.C. CELTA SP. Vigo – VITÓRIA SPORT C. Guimaraes (PRT): 1-2
III Torneo Unindo Camiños (5×1). Grupo B. Santa Isabel (Santiago Compostela): F.C. FAMALICÃO (PRT) – VICTORIA C.F. A Coruña: 0-0
III Torneo Unindo Camiños (5×1). Grupo B. Santa Isabel (Santiago Compostela): VICTORIA F.C. Santiago de Compostela – R.C. CELTA SP. Vigo: 0-3
III Torneo Unindo Camiños (5×1). Grupo B. Santa Isabel (Santiago Compostela): VITÓRIA SPORT C. Guimaraes (PRT) – VICTORIA C.F. A Coruña: 1-0
III Torneo Unindo Camiños (5×1). Grupo B. Santa Isabel (Santiago Compost.): VICTORIA F.C. Santiago de Compostela – F.C. FAMALICÃO (PRT): 0-5
III Torneo Unindo Camiños (5×1). Grupo B. Santa Isabel (Santiago Compostela): R.C. CELTA SP. Vigo – VICTORIA C.F. A Coruña: : 0-0
Amigable. Oira (Ourense): ESC. F. FEM. ROSALÍA Ourense – VICTORIA C.F. B A Coruña: 1-0
Amigable. Vista Alegre B (Boiro): ESC. F. MUN. CONC. BOIRO – AT. VILLALONGA F. FEM. Vilalonga: 1-1
Amigable. Novo Mirador (Beade): LÓSTREGO C.F. Vigo – F.C. ROMARIZ Lousada (PRT): 3-1
DOMINGO 23/08/2026
III Torneo Unindo Camiños (4×1). Semifinais. Santa Isabel (Santiago Com.): VITÓRIA SPORT C. Guimaraes (PRT) – R.C.D. A CORUÑA B: 0-0 / 3-4
III Torneo Unindo Camiños (4×1). Final. Santa Isabel (Santiago Com.): SPORT EXTREMADURA Badaxoz – R.C.D. A CORUÑA B: 1-0
V Trofeo Concello de Oleiros. Xornada 3. A Marola (Mera): MARINO C.F. Mera – AT. SAN PEDRO de Nós: 0-10
Amigable. A Granxa (Domaio): DOMAIO F.C. – AT. VILLALONGA F. FEM. B Vilalonga: 0-2
Amigable. O Alivio (Tomiño): TOMIÑO F.C. – LÓSTREGO C.F. B Vigo: 0-1
Foto: Arosa gañou o LIII Albariño. © C.J. Cambados