«A Vacanal Sinfónica» chega a Monterrei

O grupo compostelán composto por Inés Salvado (A Marela): Voz; Faia Díaz (A Pinta): Voz; Paula Romero (A Morena): Voz; Guillerme Fernández (A Rubia): Guitarra, presentará na súa xira do décimo aniversario o seu repertorio baseado en versións en galego de grandes éxitos internacionais e nacionais do pop, reguetón e música comercial.

Descubre más noticias musicales como ésta

Este concerto enmarcase no ‘Orballo Cultural’, que dentro dos Concertos do Xacobeo, é un ciclo de concertos itinerante que percorre diferentes puntos da xeografía galega cunha proposta que combina música, gastronomía, pintura e artesanía para poñer en valor o patrimonio material e inmaterial de Galicia. O proxecto nace coa vocación de dinamizar o territorio a través da cultura, promovendo encontros en espazos singulares tanto do ámbito urbano como rural. Máis aló da programación musical, ‘Orballo Cultural’ incorpora showcookings con produto local, exposición e venda de artesanía galega e experiencias vinculadas á identidade e ás tradicións do territorio. O ciclo aposta tamén pola sustentabilidade, o consumo de proximidade e a descentralización da oferta cultural, favorecendo a creación de sinerxías co tecido económico e social dos concellos participantes.

Na Alameda da localidade de Vilaza a partires das 22:00hrs. do vindeiro 30 de agosto poderáse desfrutar desta actividade musical e das actividades paralelas que propón este ciclo de concertos.

Comparte éste artículo
No hay comentarios