Comezo de liga sen goles para Villalbés e Arteixo

O Racing Villalbés e o At. Arteixo asinaron táboas no izado da tela ligueira 2026/27 na Madalena. O partido non tivo moita historia entre dous equipos que están nunha fase de adaptación que permite tirar do tópico aquel de “clásico partido de comezo de temporada”. Nos locais as estreas foron ligueiras, pero non históricas pois os novos xa participaran na Copa RFEF. Pola parte arteixán. Hugo, o chairego Kiko, Álex Ramos, Habib e Uwumiro levaron por primeira vez en partido oficial o emblema do Arteixo.

O calor mata o fútbol

Partido marcado polo calor. 33 grados cocían o mesto e verde céspede da Madalena e condicionaban que o partido tivera un ritmo constante no xogo. O Racing Villalbés foi o primeiro en tomar a iniciativa xo control ante un rival que pretendía gañar por número de homes a batalla no centro do campo.
A primeira ocasión foi aos oito minutos. Queijeiro tomou a pelota na frontal da área, driblou a un defensa e cando todo o mundo esperaba o disparo desde a media lúa, algo estraño pasou pola súa cabeza que o levou a facer un segundo drible tralo que perdeu o coiro.
Non houbo ocasións locais até o minuto 24. O Arteixo desordenouse nunha perda, o que propiciou a contra dos locais. Lansade recibiu pola dereita, viu como Raúl Melo lle abría o horizonte abríndose polo centro. O ex do Viveiro non o pensou e o ex do Arteixo, con todas as posibilidades para decidir a resolución, optou por unha vaselina sobre a saída de Sergio, con tan pouca fortuna para o atacante que o coiro voou até a escuadra e saíu rebotado lonxe do marco.
O Arteixo defendía mellor que atacaba, Aos 32 gou da súa segunda ocasión. Franck, a súa referencia ofensiva, recibiu pola esquerda, perto do bico da área, fixo o drible cion saída e xutou contra o lateral externo da rede da meta defendida por Álex Santomé.
Ao fío do descanso, un córner local lanzado por Sergio Otero recorreu toda a área pequena sen que algún compañeiro puidera rematalo. O último, no segundo pau, Marcos, reclamou penalti ao considerar que fora derrubado por un defensa impedíndolle chegar ao esférico.

A tormenta tamén o mata

A segunda metade non mellorou a primeira. Co ceo cada vez máis escuro, o fútbol non brillou por debaixo. Os dous equipos puxeron vontade. O At. Arteixo, con máis traballo de conxunción, resolveu mellor a súa situación mantendo ben organizadas as liñas,
Case non houbo ocasións. Só, cando o xogo superaba o seu terceiro cuarto puideron verse as accións máis interesantes nas áreas.
Na parte local, no minuto 65 houbo un centro xute de José Varela ao que respondeu oportuno Sergio Varela desviando desde o chan e case sobre a liña de gol. Un minuto máis tarde, os locais atopáronse co novo infortunio do traveseiro logo que Lansade tomara vantaxe nunha condución, xutara desde 30 metros e superara por arriba a estirada do meta visitante, malia que o coiro fora polo centro.
Mantendo a mellor continuidade de produción ofensiva racinguista, Óscar Varela desviou co pé un disparo de Adrián Castro desde a frontal no minuto 67.
En canto os visitantes afastaron o saque de esquina da súa área deixaron de ter problemas e tiveron a súa nunha falta lanzada polo capitán, Fabio, cando o vento da tormenta empezaba a arremuiñar os cabelos dos presentes na Madalena. O balón mudou a dirección e pasou a rentes da escuadra da meta defendida por Álex Santomé.
Ao final, a tormenta non descargou a súa presión en Vilalba, deixou unhas pingas, como se fora unha metáfora do fútbol que se ollou na Madalena no choque inicial da liga no grupo galego da Terceira Federación.

Ficha

SÁBADO 05/09/2026 (18,30) Campo: A MADALENA (200)
RACING C. VILLALBÉS : 0 – AT. C. ARTEIXO : 0 (0‑0)

VIL : Álex Santomé; Raúl Melo (Martín 69’), José Varela, Chans, Vérez, Marcos; Sergio Otero (Make 74’), Gael (Álex 85’); Adrián Castro, Rodri (Brais Prieto 69’), Lansade (Javi Muíño 74’). Tre. Juan Rodríguez. (Banco: Yago Miguélez (g); Reigosa; Javi Varela; Gegunde).
ART : Sergio Varela; Pablo Ramos (Dani Suárez 63’), Antonio, Kiko, Óscar Varela, Casariego; Jairo (Hugo 59’), Fabio (Úbeda 88’), Queijeiro, Álex Ramos (Habib 88’); Uwumiro (Bruno D). Tre. Noé López. (Banco: Eloy (g); Xian; Dani Fernández; Zoé).
Goles:

Árbitro: García Iglesias (Galiza-Santiago). Auxiliares: García Mallo e Lombao González.
Disciplina: CA: Fabio 25’; Gael 47’; Álex Ramos 57’; Vérez 69’ / Noé López (tre. ART) 56’.

Foto: Uwumiro tenta manter o equilibrio logo de regatear a Gael. © 21noticias.com

Comparte éste artículo
No hay comentarios