Venceron na final a Canteras El Pozo por un contundente 5-0.
San Ramón Veteranos proclamouse campión da 39ª edición do torneo de peñas de fútbol “Concello da Laracha”. Fíxoo tras impoñerse na final por un contundente 5-0 a Canteras El Pozo no encontro celebrado onte domingo no Campo Municipal da Laracha.
Aínda que os da parroquia de Cabovilaño xa lograron unha vantaxe importante poñéndose 2-0 no primeiro cuarto de hora do partido con tantos de Mario e Juni, despois ata o descanso o encontro estivo disputado, sendo Canteras El Pozo capaces de competir.
Con esa desvantaxe no marcador, e prexudicados polas lesións de xogadores importantes do equipo, os de Soandres baixaron o nivel físico na segunda metade, na que San Ramón foi moi superior e sentenciou con outros tres goles, todos eles marcados por Manteca.
A entrega dos trofeos foi a cargo da concelleira de Deportes, Patricia Bello, e do edil Manuel García Montes.
FICHA TÉCNICA DA FINAL
SAN RAMÓN VETERANOS 5 – 0 CANTERAS EL POZO
Goles:
Primeira parte: 1-0 (Mario), 2-0 (Juni). Segunda parte: 3-0, 4-0 e 5-0 (Manteca).
SAN RAMÓN VETERANOS:
Equipo inicial: Rubén; Manteca, Damián, Eme, Yago; Adri Peña, Toni, Mario; Juni, Pouso e Borja.
Tamén xogaron: Alex, Javi, Chato, Pedreira, Matías, Gus, Fernando e Juan.
Adestrador: Roy Junior
CANTERAS EL POZO:
Equipo inicial: Iván; Rama, Félix, Palmer, Quim; Carlos, Quintana, Ruko, Cristian; Héctor e Martín.
Tamén xogaron: Miguel Castro, Odón, Boby, Rubi, Jesús, Christian, Platas, Yeray, Alberto, Aka, Kitos, Manu, Eloy e Diego.
Adestrador: Alejandro Varela.
Partido disputado no Campo Municipal da Laracha o domingo 6 de setembro ás 12:00 h.